Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

A conselleira de Vivenda e Solo presenta as medidas para obter solo residencial para pisos protexidos

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, explicou no Parlamento as medidas promovidas polo seu Departamento para obter solo residencial destinado á construción de vivenda protexida, tendo en conta “que se trata da materia prima imprescindible para construír vivenda a prezo taxado”.

Táboas enumerou ante a Cámara as medidas adoptadas polo seu Departamento en materia lexislativa:

1.- Duplicar a reserva de solo para vivenda protexida, pasando do 20 ao 40% en todos os Concellos de máis de 20.000 habitantes.
2.- A obrigatoriedade de que a vivenda protexida se constrúa ao mesmo tempo ca vivenda libre, evitando que as reservas para vivendas a prezo taxado queden ao arbitrio do promotor.
3.- Os Concellos deben destinar a metade do seu patrimonio municipal de solo a vivenda protexida, “en lugar de vender ese patrimonio como sucede agora deixando aos residentes sen a posibilidade de acceder a unha vivenda de prezo taxado”, subliñou Táboas
4.- A creación dun novo mecanismo para a obtención de solo residencial que consiste en que o 5% do aproveitamento non lucrativo de todos os solos de novo desenvolvemento se ceda a Administración autonómica.

“Ningún destes aspectos, tan relevantes para axilizar a obtención de solo residencial, estaban recollidos na Lei do Solo de 2002 aprobada polo Goberno anterior, e que foi modificada case antes da súa entrada en vigor”, subliñou Táboas, que fixo esta explicación en resposta a unha interpelación do PPdG, a quen lle reprochou “a falta de planificación en materia de vivenda, en particular, no que se refire a solo residencial”.

Prezo da vivenda

“Non se resolve o acceso a unha vivenda con ocorrencias de última hora, senón con propostas serias e planificadas que incidan no cerne do problema: neste caso a carestía da vivenda, motivada sobre todo polo prezo especulativo do solo, e agora agravada polas variacións alcistas do prezo do diñeiro”, subliñou Táboas

Neste sentido a conselleira nacionalista salientou que “a carestía do prezo da vivenda non se cingue ao ano 2006”, e explicou que entre 1995 e 2005 o prezo do metro cadrado pasou de 578 euros aos 1.100 euros, o que significa un incremento do 90%. “Se a este aumento lle engadimos a repercusión do prezo especulativo do solo, temos o resultado por todos coñecido, agravado polas últimas decisións do Banco Central Europeo”, salientou Táboas.

Fronte a este progresivo incremento anual do prezo da vivenda, Táboas preguntou ao PPdG “cales foron as súas medidas?”,e lamentou a falta de solo residencial para a construción de vivenda protexida nos Concellos galegos debido “a monetarización do solo”. Como exemplo a conselleira explicou que “nos últimos meses enviamos 109 cartas a outros tantos concellos solicitando cesión de solo para construír vivendas para mozos e maiores e tan só contestaron 7 porque non teñen solo”, salientou Táboas.

A titular de Vivenda e Solo incidiu en que “o mercado libre actúa a espasmos, e fronte a esa posición este Goberno aposta pola planificación e por incidir en factores clave como é o solo”. Nese sentido, Táboas calificou as medidas promovidas polo seu Departamento como “medidas de enorme importancia que permitirán pór vivenda protexida no mercado a curto e medio prazo, a que podan acceder a maior parte dos galegos e galegas”.



Gabinete de Comunicación da Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información