Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Sogama pon á venda o aceiro contido no lixo convencional

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
O material obxecto deste concurso componse fundamentalmente de envases de aceiro mesturados con outros refugallos destas características que son separados mecánicamente a través de electroimáns “Overbands”. A previsión da empresa é clasificar da orde de 600-900 toneladas mensuais que enviará, como ata o de agora, a un recuperador/reciclador autorizado de acordo ao estipulado na Lei de Envases e Residuos de Envases. Non obstante, e co obxectivo de garantir que isto sexa así, o adxudicatario deberá remitir a Sogama, nun prazo non superior a seis meses, a contar desde a data de retirada, o certificado mensual de recepción do material por cada unha das firmas implicadas na cadea de trazabilidade ata o seu destino final, que en todo caso é a fundición, debendo facerse cargo igualmente, e de acordo coa lexislación vixente, da xestión dos elementos impropios.

A fin de facilitar a preparación de ofertas por parte dos interesados, estes poderán visitar as instalacións desta entidade pública para comprobar as condicións do material obxecto de venda. O prazo para a presentación de candidaturas finaliza ás 13:00 horas do próximo 26 de agosto.

Desde o ano 2004, a Sociedade Galega do Medio Ambiente remitiu á industria recicladora 67.579,35 toneladas de aceiro procedentes da bolsa negra.

PENALIZACIÓNS

O incumprimento dos prazos ou tempos de resposta para a retirada de material, que deberá facerse nun máximo de 24 horas desde a solicitude cursada por Sogama, dará lugar a unha sanción do 5 por cento do importe mensual do contrato por cada día de atraso.

Así mesmo, no caso de que o certificado de trazabilidade non se presente no prazo estipulado, aplicarase unha penalización do 10 por cento sobre o importe facturado no mes en cuestión e sobre a cantidade pendente de certificar.
Departamento de Comunicación de SOGAMA

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información