Deputación de Ourense, CEO e Cámara de Comercio analizan liñas de colaboración en materia de emprego

Un dos ámbitos de colaboración refírese a que tanto CEO como Cámara de Comercio participen na elaboración do Observatorio Económico Ourensán, e tamén se contempla a sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Cámara de Comercio, por importe de 25.000 euros, tendo como base a realización de accións encamiñadas ao mantemento e á xeración de emprego.
Asemade, os responsables das tres institucións falaron na súa xuntanza dos aspectos recollidos no Plan de xestión e estratexia operativa OURENSE 92 da Deputación de Ourense, que inclúe medidas como o plan de emprendemento agrario, que porá a disposición daqueles emprendedores que, en concorrencia pública e competitiva, teñan proxectos empresariais para desenvolver no ámbito rural e non dispoñan de terras para facelo, e finalmente, abordaron aspectos referidos ao Plan Provincial de Obras da Deputación, unha iniciativa xeradora de riqueza e postos de traballo, na que as tres institucións poden encontrar puntos de colaboración e cooperación.
Deputación de Ourense