Galicia continúa sendo a Comunidade Autónoma que paga con maior rapidez as súas facturas

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,08%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial é a cuarta parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguise reducir este indicador ata rebaixalo aos 53,7 millóns de euros.
Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
R.