Galicia sitúase como referente internacional no sector do contract con máis de 9000 proxectos en 800 cidades diferentes

Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos. Na súa intervención, o conselleiro sinalou que esta internacionalización do sector galego é posible grazas a factores como a puntualidade dos seus procesos, a coordinación e a cooperación entre as diferentes empresas, e a aposta clara pola sustentabilidade.
Sinalou que a competitividade pasa pola innovación, a través da busca de novos deseños, e pola incorporación de novos materiais. Destacou ademais que cómpre contar cos mellores profesionais. Para iso, a Xunta lanza unha nova edición das Unidades Formativas en Empresas, unha iniciativa pioneira coa que se poñerán en marcha 500 cursos nos que se formarán 4500 persoas ocupadas e desempregadas.
Hoxe mesmo publícase no DOG a convocatoria de Unidades Formativas para ocupados, dotada con 5 millóns de euros e aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 30 de outubro, e aínda segue aberta a convocatoria para desempregados. O conselleiro aproveitou para chamar á participación das empresas, que, a través destes programas, poden acceder a unha formación á carta.
R.