Activada unha nova liña de financiamento dirixida a inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos polo COVID-19

Este programa instruméntase a través dun convenio de colaboración da Xunta de Galicia no que participan as sociedades de garantía recíproca (SGR) Afigal e Sogarpo. Con este acordo, o Igape reavala a cobertura das SGR nun 25%, polo que o límite da garantía conxunta –sumada á que ofrece o Estado a través do Cersa– acada o 80% das operacións acometidas.
A nova liña súmase ao resto de medidas activadas polo Goberno galego no eido industrial e de innovación para mitigar os impactos provocados por esta pandemia e cuxa información está dispoñible na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria: https://ceei.xunta.gal/coronavirus/axudas-economicas.
R.