Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Galicia pecha outubro cun incremento do paro do 10,35% na evolución anual, pero cunha redución do 5,39% de abril a outubro

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
Neste senso, subliñou que con respecto a abril deste ano, a Comunidade galega está a recuperar emprego, o que supón un descenso do paro neste período (entre abril de 2020 e outubro de 2020) dun -5,39%. Así mesmo, indicou que o desemprego sitúase a un nivel inferior ao de hai 11 anos, pese á subida rexistrada.

En canto ás afiliacións, a responsable de Formación e Colocación indicou que a Comunidade galega supera o millón de cotizacións (1.012.018) situándose a un nivel superior ao reflectido hai dez anos.

Na evolución mensual, o paro tamén aumenta, aínda que case dous puntos menos que en outubro de 2019. O desemprego medra con respecto a setembro deste ano nun 2,68% fronte á suba do 4,66% rexistrada en outubro de 2019 con respecto a setembro dese ano. Neste senso, Lado apuntou que o incremento deste outubro continúa a tendencia rexistrada en Galicia desde 1996 (serie histórica de datos).

Con respecto ás afiliacións, crecen nun 0,02%, un dato positivo, xa que é un feito habitual que a Comunidade perda cotizantes no mes de outubro. Así, acada o mellor resultado de toda a serie histórica (ano 2005) nun mes de outubro.

Para Zeltia Lado, os datos de paro de outubro reflicten as consecuencias da crise sanitaria e, por iso, reafirmou o compromiso da Xunta de continuar traballando e deseñando medidas da man dos axentes sociais e económicos para recuperar no menor tempo posible o emprego perdido desde o inicio da pandemia e reactivar a economía mediante o fomento do traballo de calidade.

A directora xeral afirmou que a máxima prioridade do Goberno galego é “crear emprego para axudar ás familias que máis están sufrindo os efectos desta pandemia”. Así, engadiu que a Xunta leva traballando desde o primeiro momento para axudar aos sectores económicos máis afectados co obxectivo de que os traballadores e traballadoras de Galicia poidan manter o seu emprego e aqueles que o perderon poidan incorporarse ao mercado laboral canto antes.

Axenda de Emprego

Lembrou que a Administración autonómica activou unha nova Axenda de Emprego adaptada ao novo contexto socioeconómico para dar “unha resposta áxil” aos efectos da covid-19. Con esta planificación, que Lado definiu como “realista para apoiar ás familias”, a Xunta prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán a máis de 65.000 persoas.

Para axudar aos sectores máis afectados, a Administración autonómica está perfilando no seo do Diálogo Social e na Mesa do Emprego Autónomo o Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas. Trátase dunha iniciativa dotada con 70 millóns de euros para apoiar a actividade económica de 30.000 autónomos e 10.000 microempresas.

En definitiva, Lado sinalou que a Xunta traballa “con realismo” e, por iso, actualizou a planificación autonómica en materia laboral co principal obxectivo de poñer en marcha medidas que “axuden ás familias galegas a paliar os efectos da crise sanitaria o antes posible”.
R.

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información