Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

O Informe Ardán 2021 indica que o impacto económico da pandemia foi menor en Galicia que en España

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
“Partindo da base de que a pandemia provocou en España en 2020 un impacto económico sen precedentes e sen equivalentes na OCDE, o informe destaca que Galicia está entre as catro comunidades autónomas menos afectadas e a medio camiño entre España e a media da UE27”, indicouse na rolda de prensa. Neste senso, David Regades explicou que “o informe conclúe que foi determinante o comportamento das exportacións e do sector da automoción” e Santiago Lago que “a esa dinámica contribuíu unha menor incidencia do virus e unha desescalada máis rápida tras o confinamento”. Ademais, no informe sublíñase que os ERTE teñen sido “un mecanismo exitoso para afrontar a pandemia”; que “a fenda de xénero no mercado de traballo amplíase e as mulleres levan a peor parte” e que “a automoción tivo un comportamento extraordinariamente positivo en Galicia xa desde xuño de 2020”.

Os resultados da enquisa de Ardán entre as empresas arroxan datos como que o 37% optou por aplicar un ERE; o 55% recorreu ás liñas de liquidez do ICO ou Igape e o 58% ao teletraballo. O 28% das compañías enquisadas declara un efecto severo provocado pola pandemia, o 60% un impacto moderado e un 12% unha incidencia desprezable. En hostalaría e actividades artísticas, recreativas e de entretemento as porcentaxes superan o 90%. No extremo contrario, indican desde Zona Franca, aparecen as empresas do sector primario (10%), información e comunicacións (17%) e actividades profesionais, científicas e técnicas (26%). O crecemento das vendas on line en 2020, engaden, é moi notable (+9%), especialmente nas máis grandes (+29%).

En canto aos posibles escenarios para 2021, o informe apunta que, no escenario optimista, o crecemento anual agardado é 8,8% e no escenario pesimista a taxa de crecemento simulada é 4,8%. Finalmente, o documento anota neste senso sete oportunidades e retos: dixitalización, demografía, medio rural, automoción, sistema de I+D+i, transición enerxética, redución de burocracia e impulso de colaboración público-privada.

Situación empresarial en 2019

Ademais do capítulo sobre o impacto da pandemia, o informe Ardán 2021 analiza unha mostra de 35.529 empresas (que supoñen o 51% do PIB de Galicia), que depositaron as súas contas anuais do exercicio 2019 nos rexistros mercantís das provincias galegas. Dos datos obtidos destácase que o conxunto de empresas rexistrou uns ingresos de explotación de 108.058 millóns de euros e achegaron ao PIB, a través do valor engadido bruto, 32.878 millóns de euros. “Esta cifra recolle unha marca histórica para os datos de Galicia”, sinalan desde Zona Franca. No conxunto das empresas, a capacidade para crear valor engadido bruto creceu no ano analizado a un ritmo do 4,8%. O informe tamén recolle que as empresas de Galicia teñen unha capacidade de creación de riqueza un 130% maior sobre a que se produciu no ano 2009, o peor ano da crise. O número de postos de traballo directos asignados a estas empresas é de 406.274 persoas, un 3,4% máis que o ano anterior.

Analizando o tecido empresarial de Galicia por sistemas produtivos sectoriais, o informe indica que o téxtil, confección e moda representa o 38,29% do valor engadido bruto. Séguelle servizos profesionais, que volve ser o número dous cun 14,44%, e construción xera o 8,66% sobre o conxunto de Galicia. En cuarta posición está loxística e transporte cun 5,53% e automoción e equipo cun 5%. “Estes cinco sistemas produtivos xunto con agroalimentario e pesca son os responsables do 80% do valor engadido bruto creado polo tecido empresarial de Galicia no ano analizado”, indican os responsables do informe. No período analizado rexistrouse unha creación neta de postos de traballo do 2,9%.

Un total de 1.621 empresas alcanzan un ou máis indicadores Ardán: alto rendemento, alta produtividade, gacela, ben xestionada, xeradora de riqueza, empresa global, empresa circular, empresa igual en xénero, empresa innovadora e xestión do talento. O total de firmas con indicadores son só un 5% da mostra. Entre as novidades de Ardán está que nesta edición deseñouse unha nova metodoloxía para medir a capacidade das empresas para xestionar o talento, que presentou o profesor Xavier Martínez Cobas. Por último, no que respecta ao índice de igualdade, o ano 2021 achega un lixeiro retroceso. No informe calcúlase o custo de non igualdade para as mulleres, resultado de comparar a situación real cunha hipotética situación de igualdade, e o cálculo teórico da perda neta para as mulleres no ano 2020 foi do 4,8%, é dicir, as mulleres deixan de percibir, de media, 17.315 euros brutos anuais por non atoparse nunha situación de equilibrio.
R.

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información