Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Xunta, sindicatos e empresarios acordan reclamar conxuntamente que se concreten e axilicen os fondos europeos aos que Galicia aspira

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
As reunións realizáronse coa finalidade de abordar asuntos de interese para os galegos tanto no ámbito económico como laboral.

A ordenación do litoral e a transferencia a Galicia destas competencias foi outro dos temas prioritarios da reunión polas consecuencias que ten sobre as empresas que se poden ver afectadas pola inseguridade xurídica ás que se vén abocadas logo de coñecerse a intención do Goberno central de limitar os seus usos. Rueda reivindicou tamén o apoio dos axentes sociais para reclamar o traspaso a Galicia desas competencias. “Deberíamos poder traballar nese eido canto antes”, dixo.

No encontro tamén se abordaron outros asuntos de interese como as consecuencias no eido laboral e económico da alza de prezos e da inflación, así como os problemas para atopar man de obra en sectores fundamentais para a recuperación da economía galega. Tamén incidiron na posibilidade de revisar os contratos públicos tendo en conta a repercusión da escalada de prezos nas obras e nos acordos laborais que competen ás Administracións.

Alfonso Rueda subliñou o ton positivo dos encontros e valorou que se tivesen producido “dentro da normalidade” a poucas semanas de ser nomeado presidente da Xunta, ademais de ratificar a súa intención de seguir mantendo o diálogo social con reunións periódicas cos distintos axentes e interlocutores sociais.
R.

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información