A Axenda Financeira de Galicia 2022 aspira a mobilizar 400 M€ para axudar a facer realidade os proxectos do tecido empresarial

Ao longo da súa intervención, Rueda tamén recoñeceu o papel da Asociación para o Progreso da Dirección (APD) que, segundo indicou, acompañou a Galicia e a España en momentos moi distintos da súa andaina económica recente, sempre contribuíndo á prosperidade dos galegos. A este respecto, expresou que nin a economía debe ver na administración un freo ás súas aspiracións, nin a política debe compartir eses discursos que ven nos emprendedores un branco fácil para a crítica.
"Galicia non quere ser espectadora, senón protagonista das transformacións económicas e sociais que nos agardan nos vindeiros anos", sinalou, remarcando que o futuro de Galicia pasa por apostar pola innovación e o talento -motivo polo que a nova RIS3 recolle o programa Persoas e Talento que contará con 220 M€- e por incorporar a máis mulleres a postos directivos. Un obxectivo, dixo, que levará á Xunta a destinar 16 M€ para mellorar a conciliación, aprobar unha Lei de igualdade e activar un Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022/2027, dotado con 935 M€.
R.