Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Galicia acada a cifra máis baixa de paro desde que hai rexistros no ano 1996 e lidera a caída do desemprego no Estado na evolución anual

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, fixo hoxe unha valoración dos datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social, destacando que os datos de paro volven no mes de maio a arroxar cifras históricas e salientando a evolución favorable do mercado de traballo, xa que as afiliacións seguen a medrar na comunidade galega.

Caeu o paro na evolución anual (-9,22%) e mensual (3,40%) e nas dúas comparativas descendeu nas sete grandes cidades, nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a caída o primario con respecto a hai un ano e a abril de 2024.

Na comparativa con respecto a maio de 2023, a evolución do paro continúa coa tendencia rexistrada desde 2014. O descenso rexistrado en maio de 2024 é maior que o reflectido no mesmo período de 2023. Ademais, a baixada rexistrada en Galicia (-9,22%) é case o dobre que a reflectida no Estado (-4,79%).

As cifras de parados menores de 30 anos e de mulleres son as menores de toda a serie histórica (2005); e o número de parados de longa duración é o máis baixo dos últimos 15 anos, desde 2009.

Evolución mensual

Con respecto a abril, o paro adoita baixar en maio en Galicia, incluso no ano de inicio da pandemia. O desemprego caeu en todos os sectores, e tamén entre as mulleres e a mocidade. A caída na comunidade é maior que a reflectida no Estado cun diferencial de 1,2 puntos.

En canto ás afiliacións, continúan en aumento, tanto na evolución anual (+1,72%) e mensual (+0,84%). Galicia segue a superar a barreira do millón de cotizacións -1.077.292- situándose a cifra a un nivel superior ao de hai 15 anos.

Tendencia positiva

O conselleiro apelou a seguir traballando e apuntou que “os datos reflicten unha tendencia positiva que se vai consolidando ao longo dos meses” tanto na baixada do paro como no aumento das afiliacións, destacando, ademais, o labor que está a realizar a Xunta para que cada vez Galicia poida ofrecer máis emprego de calidade.
R.

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información