Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro en toda a serie histórica

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.


Así o indicou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración realizada en relación cos datos de paro rexistrado e de afiliacións, na que subliñou que setembro é un mes no que adoita subir o paro debido á finalización de moitos contratos temporais, como acontece tamén ese ano na evolución mensual, cunha lixeira suba do 1,95%.

O titular de Emprego insistiu en valorar as cifras desde o punto de vista da súa evolución. En termos anuais, o desemprego en Galicia baixa nun 7,39%, e, segundo sinalou, en relación co conxunto de España e con setembro de 2023, diminúe a un ritmo maior, superando a baixada do Estado en 1,98 puntos. A isto engadiu que Galicia é a terceira comunidade que acada unha maior redución de paro rexistrado no último ano en termos relativos.

Nesta evolución anual, tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.

Tamén na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,63%) seguido da construción (-11,85%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-7,45%), entre os menores de 30 anos (-7,12%) e nos parados de longa duración (-7%). Ademais, as cifras de mulleres desempregadas, con 71.538, e de desempregados xuvenís, con 13.792, son as máis baixas nun mes de setembro desde que hai rexistros (2005). A de parados de longa duración, de 61.647, é a cifra máis baixa dun mes de setembro dos últimos 16 anos.

José González tamén salientou a subida no número de contratacións respecto do mes pasado, cun incremento de máis do 14%. Neste senso, puxo en valor o aumento dos contratos indefinidos en máis dun 40%.

Máis e mellor emprego de calidade

O conselleiro subliñou que a Xunta de Galicia, da man do tecido produtivo, continúa a impulsar medidas estratéxicas que seguir xerando máis e mellor emprego de calidade, á vez que se da resposta a grandes retos do mercado laboral, como o da cobertura das vacantes existentes.

Neste senso, aludiu á ferramenta de intelixencia artificial EMi, implantada nas 54 oficinas de emprego de Galicia co obxectivo de casar de xeito máis efectivo a oferta e a demanda laboral. E lembrou que están abertas ata o 24 de outubro dúas ordes de axudas para que os concellos e as entidades sen ánimo de lucro contraten axentes de emprego. O orzamento total destinado a ambas é de 3,4 millóns de euros para apoiar a contratación ou prórroga da contratación da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.

Tamén fixo fincapé na aposta pola flexibilización da formación para o emprego e o impulso das microformacións como unha ferramenta clave para gañar axilidade e inmediatez na capacitación das persoas desempregadas e na reciclaxe das ocupadas co fin de que encaixen nos perfís que requiren as empresas.

No ámbito do emprendemento, o Goberno galego segue despregando a Rede de polos que conta con 14 oficinas, coa previsión de ampliarse ata 15 proximamente. As medidas que desenvolve a Xunta neste ámbito levaron a que Europa recoñecese a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025.
R.

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información