Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Galicia, terra de oportunidades para o emprendemento

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
Unha das prioridades desta Rede é o rural, e a dinamización da economía local, a fixación de poboación e a loita contra o reto demográfico.

A Rede de Polos de Emprendemento conta a día de hoxe con 14 oficinas activas: tres na provincia da Coruña (Ferrol, Coristanco e Melide), cinco na provincia de Lugo (Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos); catro na provincia de Ourense (O Carballiño, Baños de Molgas, O Barco de Valdeorras e Verín); e dous na provincia de Pontevedra (Silleda e O Porriño). No futuro próximo poñeranse en marcha un laboratorio en Vilanova de Arousa e o Centro de Orientación ao Emprendemento.

Ata o de agora, a Rede xa atendeu máis de 2.600 experiencias de emprendemento, das que un 20% están lideradas por persoas de fóra de Galicia. Os sectores que máis demandan este tipo de apoio son os de servizos, hostalaría e comercio. Por outra banda, cabe destacar as máis de 7.200 titorías e preto de 1.000 actividades realizadas (reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos).

Remuda xeracional e atracción de talento foráneo

Un dos plans máis destacados desta Rede de Polos é un plan específico de remuda xeracional, que cun orzamento de 1.5 millóns de euros, pretende asesorar, axilizar e facilitar a transmisión de negocios no territorio da nosa comunidade, para evitar o seu peche for falta de persoas que poidan continuar o proxecto.

A idea básica deste plan é poñer en contacto a persoas que van a pechar empresas por achegarse á súa xubilación con persoas dispostas a continuar un proxecto empresarial xa consolidado, reducindo así os riscos que pode supoñer o lanzamento dun novo proxecto.

Outro elemento destacable é a Estratexia Galicia Retorna, que pretende promover a integración sociolaboral dos emigrantes galegos e dos seus descendentes, que poidan percibir o autoemprego como unha posibilidade que facilite o seu retorno á nosa terra, e que contarán ademáis co programa de mentorías Merlo para emprendedores retornados. Deste xeito, non só se suman novos talentos e capacidades ao noso sector productivo, senón que ademais se loita contra o reto demográfico.Foto: Nemanja Knezevic
Atracción de nómades dixitais ao rural galego

O convenio Fixar é outro dos elementos fundamentais na estratexia do goberno galego para promover o emprendemento na nosa comunidade, e pretende atraer aos chamados nómades dixitais ou profesionais en remoto, un novo perfil profesional cun estilo de vida basado nos colivings (vivendas compartidas con espazos comúns que permiten a convivencia e a colaboración profesional entre os residentes).

Este convenio integra os coliving de Lobeira (Ourense), Anceu (Ponte Caldelas, Pontevedra) e iSlow (O Piñeiro, Laxe), e conta con 60 participantes, entre os que hai profesionais internacionais dos videoxogos, o cinema, a tecnoloxía ou as editoriais.

Rexión Emprendedora Europea 2025

Grazas a todas estas iniciativas, Galicia acadou recentemente o premio á Rexión Emprendedora Europea 2025, un galardón que recoñece o esforzo da Xunta de Galicia para xerar iniciativas empresariais que dinamicen a economía, atraian a traballadores de alta cualificación e impulsen novos negocios ligados ao territorio, contribuíndo así a fixar poboación no rural.

Por último, cabe destacar outras medidas como o Mapa de Emprendemento Virtual (cunhas 190 entidades adheridas, integrará todos os axentes, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia) ou a publicación de varias microguías de utilidade para poñer en marcha e xestionar un negocio, distribuídas en liña e en formato físico entre os colectivos de interese e nas oficinas dos Polos.
R.

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información