Aprobada la nueva Ley del Suelo de Galicia con los únicos votos a favor del PPdeG y la situación del PGOM de Vigo sin resolver
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladou a súa satisfacción porque Galicia conte cunha nova Lei do Solo que permitirá dotar a todos os concellos de planeamento, un obxectivo prioritario posto que o 73% dos concellos galegos non teñen o seu planeamento adaptado ou carecen del.
A conselleira de Medio Ambiente asistiu ao pleno do Parlamento, onde se debateu e aprobou a nova lei do solo, un texto máis sinxelo e simplificado, que prevé a redución de trámites, o que representa unha oportunidade de crecemento.
Reiterou que se trata dun dos proxectos lexislativos máis importantes da actual lexislatura e que nace con vocación de futuro e de permanencia; e que pon o interese xeral que supón a paisaxe por riba de calquera interese privado ou particular. A Xunta defende que coñecer e preservar a paisaxe galega debe ser obxectivo de todos, polo que insiste na idea de corresponsabilidade en materia de ordenación do territorio e protección da paisaxe. Apuntou que alcanzar un alto grado de sensibilización e concienciación social nesta materia será o primeiro paso para cumprir os obxectivos.
A modo de exemplo, a lei establece o marco necesario para que as construcións se adapten ao contorno, grazas ao fomento da recuperación do xa construído fronte a novas estruturas e reforza a obriga de rematar exteriormente as construcións, poñendo fin ao deterioro das paisaxe galega.
Beatriz Mato aclarou que a nova Lei entrará en vigor un mes despois da súa publicación do Diario Oficial de Galicia, polo que se prevé que estee vixente a mediados de marzo. O desexo do Goberno galego é contar cunha Galicia ordenada, sostible, capaz de crecer e de ser competitiva, ao tempo que respecta o seu patrimonio, os seus valores naturais e a súa paisaxe.
A titular de Medio Ambiente destacou o traballo realizado polo Goberno galego nos últimos anos a prol da mellora e actualización da ordenación do territorio galego, grazas á aprobación en 2011 das Directrices de Ordenación do Litoral e do Plan de Ordenación do Litoral.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:
A nova Lei do Solo sometida a votación no Parlamento galego “inspírase no modelo de liberalización e desregulación” dos anos dos Gobernos Aznar. É dicir, tal e como expuxo o viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Antón Sánchez, suporá o retorno “a un modelo que se demostrou obsoleto, ineficiente, sostíbel e fracasado”.
“Onde está a análise do se fixo mal?, onde a análise sobre a explosión da burbulla inmobiliaria que está na orixe da crise financeira?”, preguntouse Sánchez, quen afeou ao Partido Popular que se negase a estabelecer obxectivos para a norma: nin ten en conta a grande cantidade de vivendas baleiras (arredor de 300.000 en 2011), nin a degradación paisaxística e ambiental, nin o incremento dos prezos da vivenda, nin o deterioro do patrimonio en vilas e cidades, nin a redución da superficie agraria útil, nin o endebedamento das clases traballadoras para acceder a unha casa. “É un paso atrás respecto da lei anterior”, engadiu, “que fai como se aquí non tivese pasado nada, non houbese burbulla inmobilaria nin miles de vivendas baleiras, nin despoboamento do rural, nin corrupción”.
A Lei do Solo que o PP impulsa en solitario supón a décima modificación das normas sobre a materia en apenas 12 anos. “E agora preténdena modificar mesmo antes de que entre en vigor”, dixo Antón Sánchez, en referencia ao problema orixinado pola suspensión do PXOM de Vigo e as intencións do PP de aproveitar a incidencia para abrir unha porta á barra libre do urbanismo salvaxe. Non existe, a maiores, unha reflexión sobre cara onde van as plusvalías xeradas polo urbanismo. Segundo cifrou o viceportavoz de Alternativa, un 90% remata en mans privadas.
“Nós propoñemos outro modelo, non actuarmos como autómatas ante os efectos do modelo da burbulla inmobiliaria”, explicou, “que parte de que o urbanismo é unha función pública que ten como finalidade garantir o acceso a unha vivenda digna para toda a cidadanía do urbano e do rural”. A participación da comunidade nas plusvalías, o reparto equitativo dos beneficios e cargas, o fomento da participación real e efectiva dos cidadáns na ordenación e xestión urbanística, o uso racional do solo e dos recursos naturais, o impulso da renovación e rexeneración urbanas, evitar a especulación ou a mellora de dotacións e espazos públicos son, para Alternativa Galega de Esquerda, principios irrenunciábeis en calquera ordenación do solo.
Porque a norma do Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo abre a porta á discrecionalidade na consideración de solo urbanizábel. Desprotexe bosques autóctonos, terreos agropecuarios, costas, espazos naturais, paisaxes. “Reducen vostedes os estándares urbanísticos de calidade”, intentou expoñer Antón Sánchez, “e discriminan, ademais, as poboacións de menos de 5.000 habitantes. Tamén posibilitan a diminución da vivenda de protección público ate o ridículo”.
Pero é que o PP xa quere introducir unha modificación na súa propia Lei do Solo. Coa escusa da paralización do PXOM de Vigo, a dereita de Feijóo abre a porta ao urbanismo salvaxe cunha emenda que “non responde aos intereses da sociedade e vai traer novos problemas urbanísticos”. “Vostedes están embarcados nunha operación vergoñenta e nós non imos entrar nesa forma de facer política que elude responsabilidades”, afirmou o viceportavoz de AGE, “porque non falamos dun problema vigués, non lle mintan á cidadanía, falamos de algo que afecta aos 314 concellos e crea unha enorme inseguridade xurídica”. A reformulación do PP implica, por caso, suprimir os trámites ambientais, xusto o motivo da actual paralización do PXOM.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
O BNG mantén o seu voto en contra da Lei do Solo impulsada “en solitario” polo PP porque supón “unha versión empeorada da actual lexislación de 2002 en termos medio ambientais, sociais e económicos”, e ven confirmar que o urbanismo en Galiza “está falecido ou na UCI”, en palabras da deputada Ana Pontón.
“O PP representa un urbanismo mutante con continuados cambios lexislativos que implican inseguridade xurídica, un urbanismo que non pensa no futuro, nin protexe o territorio, nin garante usos sociais do solo prevendo vivenda protexida ou servizos públicos”, argumentou Pontón na súa intervención de defensa da posición do Bloque.
A proposta lexislativa do PP “nace morta” posto que propón reformas mesmo antes da súa entrada en vigor, cando o 75% dos concellos galegos non chegaron a adaptar o seu planeamento á actual Lei do Solo, coa suposta pretensión de dar saída aos problemas xerados pola suspensión do PXOM de Vigo.
“Que hai detrás da emenda que propón o PP, -interpelaba a deputada-, xa que exclúe a participación social, non recolle estudo de impacto medio ambiental e responsabiliza aos concellos dos procesos de expropiación con independencia de quen sexa o beneficiario da mesma”, argumentou.
Pontón denuncia a “falsificación” do debate arredor das consecuencias da suspensión do PXOM de Vigo e explica a dobre proposta do BNG para facilitar a ampliación de Citroën: aplicar a Lei de Solo en vigor que permite a declaración de supramunicipal para proxectos de interese xeral, suposto no que entraría a ampliación da planta viguesa ou, en todo caso, incorporar unha disposición ad-hoc no texto en tramitación.
O Bloque tamén foi claro na defensa da emenda para solicitar a derogación do proxecto sectorial pensado para consolidar ENCE na Ría de Pontevedra, pese a contar con sentenza contraria do TSXG, que permite á Xunta prorrogar a continuidade da pasteira “saltándose a legalidade”, pois os terreos no que se localiza non contan coa cualificación de solo industrial”. “Unha cacicada máis no PP”, sentenciou a deputada nacionalista na Cámara.
Ana Pontón afondou nos argumentos do BNG para votar en contra do Proxecto de Lei do Solo que, sintetizou, “é un paso atrás” e recupera “o espírito liberalizador” da normativa urbanística aprobada no mandato de Aznar “que foi nefasta en termos sociais, ambientais e territoriais”.
Elimínanse a zona de 200 metros de protección da costa, desprotexese o solo de explotación agraria, persisten os erros en materia de monten en man común, suprímese a prohibición de recualificar terreo rústico a urbano tras sufrir un lume favorecendo a especulación do solo, non promove a protección e rehabilitación do territorio, nin aposta por cidades compactas pensadas para a calidade de vida das persoas.
“O BNG defende un urbanismo ao servizo do país e da maioría social”, sintetizou Pontón, para explicar o voto en contra da Grupo nacionalista ao Proxecto de Lei de Solo do PP.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O Parlamento galego aprobou a nova Lei do Solo de Galicia, que facilitará que ningún concello estea sen planeamento urbanístico, un rural vivo nunha Galicia próspera, que ningunha edificación estea sen rematar, unha aposta pola rehabilitación e unha simplificación administrativa na tramitación de proxectos. O portavoz de Ordenación do Territorio, Jaime Castiñeira, lamentou que AGE rexeitara de novo o ofrecemento para aceptar a modificación do artigo 144 “e arranxar o problema actual da cidade de Vigo, pero tamén o que no futuro poidan ter calquera dos 314 concellos galegos para levar adiante proxectos de urxencia ou de excepcional interese público”.
Jaime Castiñeira sinalou que estamos ante unha nova lei que “non só se aproba co voto favorable de todos os deputados do Grupo Popular, senón que conta co apoio de moitos galegos e moitos colectivos sociais que fixeron aportacións interesantes que na súa maioría se sumaron ao texto lexislativo”. Ademais, salientou que das 79 emendas que se incorporaron ao proxecto lexislativo na súa tramitación en ponencia e comisión, 45 eran a iniciativa da oposición.
Esta nova Lei do Solo vai supoñer “un cambio do modelo de desenvolvemento, pasando a un modelo máis sostible, baseado na rehabilitación e na rexeneración urbana”, dixo Castiñeira. Neste sentido, lembrou que na actualidade o 73 por cento do territorio de Galicia atópase sen plan adaptado á normativa vixente ou simplemente sen plan xeral.
“Ningún concello sen planeamento. Ese é un dos principais obxectivos desta lei, polo que a través do plans básicos autonómico e municipais os concellos de menos de 5.000 habitantes terán un instrumento de planeamento, respectando en todo momento a autonomía municipal para elaborar o plan xeral correspondente”, sinalou.
O portavoz popular fixou como un dos principais obxectivos “cambiar o modelo de núcleos rurais, porque teñen dereito a desenvolverse e os galegos teñen dereito a vivir nun rural con posibilidades”. Neste sentido, dixo que “calquera concello verá que a tramitación do seu plan de ordenación faise dun xeito moito máis áxil, xa que toda a tramitación na Xunta levarase a cabo desde a consellería competente e nun prazo máximo de tres meses”.
Así mesmo, Jaime Castiñeira salientou que “haberá máis autonomía municipal na tramitación urbanística, ao pasar das catro licencias que poden dar na actualidade a 14 coa nova lei”, ao tempo que “se aposta pola rehabilitación e a posta en valor do patrimonio construído”.
“Nos novos planeamentos porase remedio ás edificacións fóra de ordenación, xa que unicamente quedarán fora aquelas que estean invadindo viarios, zonas verdes ou sexan para equipamentos, así como aqueles que o propio concello considere oportuno”, apuntou.
Respecto da modificación do artigo 144 para facilitar a realización de proxectos de urxencia ou de excepcional interese público nos concellos galegos, Jaime Castiñeira lamentou que AGE mantivera a súa postura e rexeitara o acordo unánime para a súa incorporación ao texto da nova lei.
Nese sentido, criticou que AGE “opte pola imposición en vez de polo diálogo entre as administracións”. En concreto, defendeu que esta reforma do artigo 144 “incorpora a participación dos concellos cun informe vinculante sobre o proxecto a desenvolver, mentres que o artigo 198 ou o trámite como de incidencia supramunicipal que propón AGE non prevé a participación nin ten en conta o informe municipal, ademais de supoñer unha tramitación máis lenta que iría máis aló dos dous anos”. “A proposta do Grupo Popular é moito máis participativa, ampla e actualizada, porque consideramos que os concellos deben ter voz en proxectos de urxencia ou de excepcional interese público”, engadiu.
Castiñeira manifestou que o Partido Popular “defende os intereses de todos os galegos, fronte a outras formacións como AGE que só defenden a súa existencia”. “Naceron coas súas proclamas populistas en plena crise económica e precisan da crise económica para seguir existindo. Canto peor, mellor”, engadiu.

R.