Notas
-
A Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) da Universidade da Coruña acolle o 'I Foro Transnacional. Arquitecturas do Mar e a súa Paisaxe Asociada', que supón o lanzamento do proxecto europeo SEALabHaus, no que arquitectos galegos e doutras rexións do arco atlántico español peninsular presentarán boas prácticas de rehabilitación, adecuación e intervencións, tanto en construcións litorais como na paisaxe asociada a elas.
-
“A arquitectura é unha arte que impacta na vida das persoas”, afirmaba a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, na inauguración este venres da exposición 'A muller que son. 7 arquitectas rumanas e as súas obras', que homenaxea á raíña María de Rumanía, Virginia Andreescu Haret, Henrietta Delavrancea, Ioana Grigorescu, Silvia Demeter-Lowe, Eliza Yokina e Ilinca Păun Constantinescu.
-
O xoves terá lugar o acto de entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño. Durante a cerimonia, que terá lugar ás 18.30 horas no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras nas seis categorías deste certame. Estes premios son unha iniciativa da Consellería de Economía, Industria e Innovación –a través da Axencia Galega de Innovación– para distinguir a contribución de profesionais e empresas á transformación económica e social en Galicia a través das mellores prácticas en innovación e deseño.
-
O convento de Santa Clara, escenario e obxecto de estudo dun curso sobre arqueoloxía da arquitecturaAfondar na análise das construcións históricas con ferramentas arqueolóxicas é un dos obxectivos centrais do curso de extensión universitaria que ten no convento de Santa Clara tanto o escenario das súas sesións teóricas como o obxecto de estudo das súas clases prácticas, que toman como punto de partida o proxecto de intervención arqueolóxica realizado no convento.
-
Unirisco e Noso Capital co apoio da tres universidades galegas e a Xunta de Galicia promoven unha xornada que reunirá, por primeira vez en Santiago, os 30 principais inversores que impulsan o emprendemento en innovación e transferencia tecnolóxica que operan en España, xunto co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxica Industrial.
-
A fiscalidade da enerxía eólica e a análise socieoeconómica da vulnerabilidade de Galicia centran os traballos gañadores da novena edición do Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia. O galardón, entregado este venres 10, foi convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e o Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia).
-
Cumprida unha certa idade, e dados os estereotipos negativos asociados a ela, a ou o traballador 'maduro', explica a xurista Ana María Martín, 'enfróntase á modulación ou degradación de certas condicións laborais' que incluso poden conducir á perda do emprego. Xa no paro, engade, 'a idade eríxese no obstáculo, en non poucas ocasións insalvable, para a súa reinserción, o que deriva en desemprego de longa duración a unha idade tardía, xerando vulnerabilidade económica e, en ocasións, pobreza'.
-
A aceleradora de proxectos innovadores invertibles ViaGalica, promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo, busca talento emprendedor no Campus Terra da USC, onde o vindeiro martes 24 de xaneiro presentará, a partir das 11.00 horas, no edificio Cactus, a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras.
-
Unha vintena de estudantes das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrias e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo encárganse da organización da 23º edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se celebrará entre os días 28 de febreiro e 2 de marzo, coordinado por María Purriños Paz e Camilo Piñón Blanco.
-
O salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña acollerá este mércores a conferencia de Julián Salas, 'Construíndo con recursos escasos. Contra a fame de vivenda en África'. Julián Salas implementou tecnoloxías apropiadas e apropiables e desenvolvementos metodolóxicos para construír en lugares do sur global onde podería parecer imposible construír.