Notas
-
A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) publica as liñas xerais do Plan de control tributario do exercicio 2020, que reforza as liñas de actuación desenvolvidas por este organismo desde a súa posta en marcha en 2013. O Plan de control tributario da Axencia Tributaria de Galicia para o ano 2020 está composto polas directrices xerais de actuación e polos plans de xestión tributaria, inspección tributaria e recadación, que conforme á Lei xeral tributaria, teñen carácter reservado.
-
A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidise dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística. Tendo en conta as especiais circunstancias na que se conmemorou esta data, o pasado 1 de abril a institución anunciou que ampliará a súa homenaxe ata 2021 e que levará a cabo unha serie de actividades e xornadas para difundir e poñer en valor a vida e obra de Domingo de Andrade.
-
O programa 'Residencias Paraíso' do colectivo RPM impulsa seis novos proxectos de artes do movementoO programa Residencias Paraíso do Colectivo RPM anuncia os seis proxectos de artes do movemento seleccionados para impulsar os seus procesos creativos no marco da cuarta edición. A Agadic contribúe economicamente e facilita as instalacións e o equipo técnico do Salón Teatro de Santiago de Compostela, que será un dos sete espazos receptores das estadías artísticas deste ano, cunha duración de entre dúas e tres semanas segundo os casos.
-
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC e Faite Dixital, e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto. A información das guías complementarase con post diarios que se publicarán tamén nestes portais.
-
A feira da enerxía de Galicia, Enerxétika 2020, estrea nesta terceira edición un espazo dedicado a poñer en valor proxectos innovadores no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables en calquera dos subsectores do certame. Os proxectos que estarán presentes nesta área, denominada Salón da Innovación Enerxétika (SIE), serán seleccionados por un xurado entre todas as propostas que reciba a organización.
-
A Terraza é un testemuño singular dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos anos 20 e representa un caso único de conservación dos inmobles desta tipoloxía e función na Comunidade Autónoma, ao ter sobrevivo á desaparición case absoluta dos seus coetáneos, dos cales existiron abondosos exemplos. Trátase, ademais, dunha construción sobranceira para Galicia polos seus extraordinarios valores culturais e unha dimensión social significativa asociada á identidade e historia recente da vila sadense.
-
As I Xornadas Internacionais de Madeira 2020 están organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga. A industria da madeira facturou en 2018 un 2% máis que o ano anterior, emprega a máis de 21.000 persoas, e incrementou un 4,6% o seu volume de exportacións. A presenza internacional da madeira galega é cada vez maior grazas ao sector do contract no que traballan un centenar de empresas en máis de 100 países.
-
A Materioteca de Galicia celebra os seus primeiros meses de traxectoria cun balance positivo e a perspectiva de consolidar e ampliar as súas actividades como instalación de referencia dos materiais innovadores para as empresas e profesionais do deseño galegos. Desde a súa apertura xa son varias as colaboracións entre empresas e profesionais que se teñen propiciado arredor dos materiais innovadores que se expoñen na instalación do CIS Tecnoloxía e Deseño.
-
Esta áreal inclúe estacións de ferrocarril e autobús, unha gran praza cuberta, aparcadoiro subterráneo, un paso inferior de conexiòn para a cidade e outras actuacións urbanas. O contrato de servizos foi adxudicado á UTE formada polas empresas INES ENXEÑEIROS CONSULTORES e L35 ARQUITECTOS por 770.745,56€, e prazo de execución de 15 meses.
-
Afundación e ABANCA presentaron, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigacións ABANCA de IESIDE, na Sede Afundación de Santiago de Compostela, 'A Economía Galega. Informe 2018'. Este estudo socioeconómico de referencia, que se vén publicando desde 1986, preséntase nesta ocasión tanto a súa versión extensa online como a máis dinámica do resumo executivo en papel.