Notas
-
O Instituto Galego da Vivenda e Solo vén de publicar a primeira guía de recomendacións para evitar os efectos do gas radon nas vivendas xa existentes, ofrecendo información detallada sobre as solucións que se poden adoptar en cada tipo de vivendas para facer fronte ao mesmo. Esta publicación contén información para que os usuarios poidan comprobar se a súa vivenda está en situación de risco de contaminación por radon e especifica as distintas solucións construtivas
-
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar o primeiro Plan de inspección do comercio dixital, que velará polos dereitos dos consumidores e a seguridade dos produtos ofertados na rede. Búscase comprobar, a través da análise e inspección das páxinas web, o grao de cumprimento da legalidade vixente en materia de comercio e consumo. Ademais, impulsarase a mellora da información que recibe o consumidor a través de Internet.
-
Poderanse acoller as pemes que conten con plans empresariais que oscilen entre os 50.000 e os 2 millóns de euros e que pertenzan a algún destes sectores: industrias extractivas; industria manufactureira; tratamento e eliminación de residuos; reparación de vehículos de motor e motocicletas; depósito, almacenamento e manipulación de mercadorías; hoteis e aloxamentos similares; información e comunicacións; e servizos técnicos ou outros servizos de apoio a industria.
-
O IGVS destinará este ano un total de 52,7 millóns de euros a distintas convocatorias de axudas dirixidas a facilitar o acceso á vivenda e a rehabilitación de inmobles en Galicia. A través destes 16 programas de subvencións prevese a concesión de arredor de 9.500 axudas que beneficiarán a máis de 6.000 familias galegas en 2019 e tamén nos exercicios seguintes, xa que algunhas das axudas manteranse durante varios anos.
-
O Pleno aprobou a proposta de Orzamento da Deputación para 2019, que presentou á sesión o Presidente, Darío Campos Conde. Fíxoo cos votos a favor dos Deputados do Goberno Provincial do PSOE, coa abstención do PP e cos votos en contra do BNG e Deputado non adscrito. O Presuposto conta con 88,4 millóns de euros, dos cales o 55% son para investimentos nos 67 Concellos e para os 330.000 veciños da provincia.
-
Entre os obxectivos do curso destacan o fomento de comportamentos seguros e a correcta utilización dos equipos de traballo; a promoción do interese e cooperación dos traballadores nunha acción preventiva integrada; a realización de avaliacións elementais de riscos e o establecemento de medidas preventivas; e a colaboración na avaliación e o control dos riscos xerais e específicos da empresa.
-
O DOG vén de publicar a convocatoria de axudas do programa dirixido a apoiar unha segunda oportunidade para os autónomos. Trátase de favorecer o retorno ao emprendemento. Para iso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 1 millón de euros coa previsión de beneficiar a traballadores por conta propia que queiran reemprender un negocio, con compromiso de formación.
-
A EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC ofrece 50 prazas de nova matrícula no primeiro curso do grao en Paisaxe, un título singular no Sistema Universitario Español e de carácter interuniversitario, que comezará a impartirse o vindeiro curso na EPS de Enxeñaría da USC, que será sede dos dous primeiros anos académicos dun grao, cuxo alumnado deberá completar os dous últimos cursos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
-
Dentro das accións de implantación do 1º curso do novo Grao en Paisaxe que se impartirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (UDC) e na Escola Politécnica Superior de Lugo (USC), realizarase unha xornada de portas abertas o venres 15 de xuño na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo. Neste acto está prevista a presencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
-
El pasado 29 de mayo finalizaron con gran nivel e interés de los contenidos desarrollados por los doce ponentes de las “III Jornadas Empresariales de Bergantiños”, celebradas en el Fórum Carballo, bajo el lema “Adaptarse para competir con éxito, cuando todo cambia”. Estaban organizadas por la firma Eurogabinete, s.l. y dirigidas por el letrado consultor Antonio Alvarez González, por lo que ahora está recibiendo comunicaciones y llamadas de felicitación por la organización y frescura aportada por los ponentes participantes.