Notas
-
O Foro Económico de Galicia celebrou na sede do Consello Económico e Social en Santiago de Compostela unha xornada centrada na análise da ordenación do territorio e o sistema de cidades. A iniciativa, que forma parte do grupo de traballo Galicia 2040, pertencente a este foro, reuniu a unha decena de especialistas das universidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Politécnica de Madrid e Porto.
-
Dixitalización, intelixencia artificial, automatización… a industria está xa a vivir unha nova revolución, a do 4.0, e as tecnoloxías emerxentes están a cambiar significativamente os procesos de fabricación. Para analizar este escenario este venres a UVigo acollerá un debate entre representantes da industria, a administración e a universidade no I Encontro Ágora.
-
O Foro Económico sinala que Galicia debe liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados'O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network da UVigo, presentou o documento 'A reforma do sistema de financiamento: unha perspectiva dende Galicia'. Nel destacan que a comunidade autónoma debe 'liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados como fórmula para garantir a equidade entre os españois e asegurar o autogoberno'.
-
As mulleres, que continúan por segundo ano consecutivo liderando as iniciativas emprendedoras, considéranse preparadas para emprender no mesmo nivel que os seus homólogos masculinos. Con todo, nos momentos de incerteza derivados da crise ocasionada pola COVID-19, 'só o 20% percibían oportunidades, fronte ao 33% dos homes', afirmou a profesora Isabel Neira.
-
A taxa de actividade emprendedora en Galicia situouse no 4,3% no ano 2020, segundo recolle o informe GEM Galicia 2020-21, que constata, do mesmo xeito que en anos anteriores, que o impulso emprendedor entre as mulleres (5%) é superior ao da poboación masculina (3,5%). A pandemia provocou un lixeiro parón da actividade emprendedora, ao tempo que salientou a capacidade de resilencia dos emprendedores.
-
Manuel Rama Caamaño desenvolveu na súa tese diferentes metodoloxías que permiten avaliar a sustentabilidade de sistemas urbanos e identificar os principais puntos febles con respecto a un desenvolvemento sostible. A investigación aborda unha cuestión de actualidade polo crecemento exponencial nas últimas décadas da poboación urbana, ata alcanzar o 66 % do global.
-
En tempos de covid-19 as empresas buscan, ante todo, profesionais responsables, moi motivados e comprometidos coa consecución de resultados. Así se amosa no último Barómetro de Empregabilidade da Universidade de Vigo, un estudo editado polo Consello Social no que se reflexiona sobre as competencias que máis demandan os empregadores tras o xurdimento da pandemia e no que se analiza en detalle como modificou a crise sanitaria a actitude do empresariado á hora de seleccionar o seu persoal.
-
A exposición 'Arquitecturas debuxadas' propón un itinerario visual inédito por Compostela a través dos debuxos do arquitecto, debuxante e pintor Santiago Catalán. O autor leva seis anos recollendo elementos das arquitecturas máis representativas das cidades galegas, o que se ten materializado na publicación de dúas obras sobre Lugo e Santiago. Esta mostra poderá visitarse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o vindeiro 28 de febreiro.
-
A cidade da Coruña celebra a Semana da Arquitectura cunha especial homenaxe ao arquitecto e profesor da Universidade da Coruña recentemente falecido Andrés Fernández-Albalat. A alcaldesa da Coruña presentou onte o programa de actividades nun acto que contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Plácido Lizancos, entre outras persoas.
-
Os próximos 1, 2 e 3 de setembro a Universidade da Coruña acolle, de forma virtual debido á pandemia da COVID-19, o 35º Congreso Internacional de Arquitectura e Deseño Urbano Sustentables (máis coñecido polo acrónimo “PLEA-Passive and Low Energy Architecture”), organizado por un comité de docentes da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da Facultade de Economía e Empresa coordinado polo profesor Jorge Rodríguez Álvarez.