Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • O Foro Económico advirte do impacto das transformacións dixitais nas empresas e no emprego
    O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense da Universidade de Vigo polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), reuniu este venres na xornada A Galicia Dixital de 2040 'a un nutrido grupo de expertos tecnolóxicos para dar resposta ás preguntas chave sobre o estado de dixitalización da economía galega'. Nela, os seus especialistas advertiron de que 'nos próximos 20 anos con seguridade produciranse transformacións tecnolóxicas a unha escala maior do coñecido'.
  • Publícase este venres o terceiro Plan de rescate que eleva a 560 millóns as axudas directas postas pola Xunta a dispor de autónomos e empresas
    A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe en sede parlamentaria que o próximo venres o DOG publicará as bases da convocatoria do 3º Plan de Rescate co que a Xunta porá a dispor de autónomos e empresas 234,4 millóns de euros de fondos transferidos polo Estado. Con estes novos apoios directos do 3º Plan, aprobado en Consello o 2 de xuño, a Xunta, a través dos diferentes departamentos, terá posto a dispor de autónomos e empresas máis de 560 millóns de euros en axudas directas.
  • Galicia lidera a caída do paro no estado na evolución anual cun 13,49% de baixada, o maior descenso porcentual nun maio desde 1996
    O paro baixou en Galicia e as afiliacións á Seguridade Social e a contratación aumentaron na evolución anual e mensual. Así o destacou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, quen indicou que o mercado laboral galego continúa resistindo á covid 19. Explicou que hai menos paro que ao inicio da pandemia, 26.323 parados menos que en abril de 2020, o que supón un descenso do -13,74%. Na evolución anual, Galicia lidera a caída do paro no Estado cunha baixada do 13,49%, o que supón, ademais, un diferencial de 11,5 puntos coa media de descenso do paro rexistrada en España. Invértese a tendencia negativa do 2020 e baixa o paro por segundo mes consecutivo.
  • A economía galega baixou no primeiro trimestre por mor da covid-19 un 2,9%
    A economía galega baixou no primeiro trimestre do ano por mor da covid-19 un 2,9%, un descenso que é 1,4 puntos inferior ao avanzado polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para España (-4,3%). Ademais, o comportamento do PIB galego mellorou 4,7 puntos con respecto á taxa interanual rexistrada no cuarto trimestre de 2020. O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao primeiro trimestre de 2021. En canto á taxa trimestral –é dicir, a evolución da economía en comparación co cuarto trimestre do ano 2020-, o IGE estima que o PIB galego rexistrou unha variación do 0,0% mentres que a economía española baixou no mesmo período un -0,5%, segundo a estimación realizada polo INE.
  • Galicia logrou en 2019 superar os niveis de investimento en I+D previos á crise
    Galicia é unha das oito comunidades españolas que superaron en 2019 os niveis de investimento en I+D previos á crise e unha das nove que conta tamén con máis persoal neste eido en comparación con ese período. No Mapa de talento, Galicia avanza tres posicións ata situarse novena. A Comunidade progresa, por tanto, no seu obxectivo de avanzar tanto na I+D como na innovación co obxectivo de seguir afondando nun modelo económico baseado no coñecemento, máis resiliente e que promova sectores tecnolóxicos e especializados, axudando á vez, a evolucionar ao conxunto de sectores cara a unha economía máis innovadora. Un compromiso que se reflicte no orzamento deste ano que destina a este tipo de actuacións 227,5 millóns de euros, un 60% máis que en 2009.
  • Galicia acelera a redución de emisións grazas á súa Estratexia de cambio climático
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que Galicia está a acelerar a redución de emisións por riba da media nacional e en liña cos obxectivos que marca a Unión Europea, grazas á súa Estratexia de cambio climático e enerxía 2050, que executou xa máis de 317 millóns de euros durante o primeiro ano de vixencia. Logo de avaliar no Consello da Xunta as medidas desenvolvidas desde a súa implantación, Feijóo lembrou que ata 2023 o plan recolle 171 medidas cun orzamento de 1.280 millóns.
  • O Tribunal Supremo dá a razón a Galicia na súa reclamación da mensualidade do IVE de 2017
    A Xunta vén de coñecer hoxe a sentenza do Tribunal Supremo que da a razón a Galicia na súa reclamación da mensualidade do IVE correspondente ao mes de decembro de 2017. A sentenza da Sala 3ª do Tribunal Supremo recoñece o dereito a que Galicia sexa compensada pola mensualidade do IVE que non ingresou o Goberno central. O Executivo autonómico reclámalle 204 millóns de euros por este concepto. O Goberno galego acolle con satisfacción esta sentenza, que recoñece que unha vez máis Galicia tiña razón e que as galegas e galegos gañan porque recuperan uns cartos que aboaron todos os cidadáns, e que polo tanto son seus.
  • O terceiro Plan de rescate adiantará a autónomos e empresas o 100% das axudas por medio dunha declaración responsable
    A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe novos encontros virtuais desde Santiago de Compostela cos integrantes do Diálogo Social -Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UXT e CCOO- e coa Mesa do Emprego Autónomo para terminar de consensuar as bases do 3º Plan de Rescate que a Xunta porá en marcha cos 234 millóns de euros comprometidos polo Estado para Galicia. Lorenzana anunciou aos interlocutores sociais e empresariais a dobre intención do Goberno galego de reservar cartos para que as axudas cheguen aos negocios mais afectados pola pandemia, e que os importes vaian en consonancia coa perda de facturación e o número de persoas empregadas, como se fixo nos dous plans de rescate anteriores.
  • Galicia crea emprego e lidera a caída do paro a nivel anual e mensual
    Galicia pechou o mes de abril creando emprego, con máis afiliacións á Seguridade Social e con máis contratacións, e con menos paro nas evolucións anual e mensual. Ademais, foi a comunidade galega con maior caída do paro tamén con respecto a marzo e a hai un ano. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe que os datos do paro rexistrado reflicten que o mercado laboral galego está a resistir á covid-19, xa que o desemprego cae tamén, na evolución anual e mensual, en todos os sectores de actividade, nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en colectivos prioritarios para a Xunta como son as mulleres ou os menores de 30 anos.
  • A Xunta reclama de novo ao Goberno central a devolución a Galicia dos 204 millóns pendentes do IVE do ano 2017
    A Xunta seguirá reclamando perante o Estado as competencias que Galicia necesita, pero esixirá que as transferencias cheguen acompañadas da financiación necesaria para asumilas e que o Goberno central salde as débedas pendentes coa comunidade autónoma; entre elas, os 204 millóns do IVE do ano 2017. Na súa resposta a unha interpelación no Parlamento de Galicia, o vicepresidente primeiro recordou que o Goberno galego nunca deixou de reclamar as competencias que lle corresponden a Galicia para seguir avanzando no autogoberno sempre dentro do marco establecido pola Constitución española e polo Estatuto de Galicia.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información