Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • Inaugurado o foro que abordará as claves da Axenda Territorial de Galicia para as vindeiras décadas
    As xornadas, celebradas na sede da Fundación RIA, presidida por David Chipperfield, desenvolveranse os vindeiros catro días e contarán coas intervencións de expertos do urbanismo, da mobilidade, da vivenda ou da cohesión social. Nas distintas mesas reuniranse experiencias de éxito nacionais e internacionais e tamén locais. Nestes encontros terá lugar o intercambio de experiencias sobre asuntos como a singularidade territorial galega, conxugando o urbano e o rural; o equilibrio entre a contorna construída e o natural; o sistema de circularidade; a investigación e formación; a gobernanza ou a planificación vinculante da política estratéxica e a realidade.
  • As listas de demandantes de emprego excluirán ás persoas que rexeiten o compromiso de buscar traballo de xeito activo
    Para afinar as listas de demandantes de emprego, a partir deste mes vaise introducir de xeito pioneiro neste eido o acordo de actividade explícito recollido pola normativa estatal para inscribirse ou permanecer como demandante de emprego -xa se teña dereito a prestación ou non-, co fin de diferenciar as persoas que realmente queren traballar das que só buscan servizos de formación ou o cobramento de prestación. O feito de non asinar ou incumprir este novo acordo de busca activa de emprego implicará que a persoa será 'retirada de forma inmediata das listas de demandantes' dun traballo.
  • A nova Sociedade de Vivenda Pública de Galicia pretende promover 2.350 vivendas públicas ata 2028
    A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia ten o obxectivo de promover 2.350 vivendas públicas ata el 2028, para conxuntamente coas impulsadas polo IGVS acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura. Neste sentido a Xunta ten xa máis de 1.600 vivendas en distintas fases de execución. Para este reto, a sociedade disporá do solo residencial actualmente titularidade de Xestur, de tal xeito que poderá iniciar a construción de vivendas de promoción pública de xeito inmediato. Ademais, disporá do solo obxecto de cesión polo IGVS ou polos concellos. Unha vez que sexan redactados os proxectos de edificación correspondentes, executará as obras e entregará as vivendas aos adxudicatarios.
  • Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun outubro de toda a serie histórica e a máis alta de afiliacións á Seguridade social nese mes desde 2005
    O mercado laboral de Galicia continúa na súa senda de crecemento e acada, con 122.214 persoas desempregadas, a cifra de paro máis baixa nun mes de outubro de toda a serie histórica (desde 1996). Ademais, a Comunidade galega rexistra 1.083.376 afiliacións á Seguridade Social, a cifra máis alta nun outubro desde o ano 2005. En termos anuais, o paro en Galicia baixou nun 8,35%, o que supera en 2,65 puntos a baixa do paro do Estado e nos converte na terceira Comunidade na que máis cae o desemprego en número de persoas. Nesa comparativa interanual cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade.
  • Empresas e cidadanía disporán dun mercado voluntario de créditos de carbono para compensar as súas emisións
    O mercado operará mediante créditos certificables que poden ser vendidos a través dunha plataforma de comercialización que servirá de nexo entre os axentes promotores dos proxectos e os compensadores. Estes últimos -organizacións públicas e privadas, ou incluso cidadáns- son os que adquiran ou utilicen créditos de carbono, ben sexa como persoas intermediarias ou ben como axentes finais co fin de compensar as súas emisións. O obxectivo é que tanto o tecido empresarial como os cidadáns poidan contribuír á loita contra o cambio climático mediante o financiamento de proxectos sostibles impulsados por gandeiros ou silvicultores.
  • Galicia, terra de oportunidades para o emprendemento
    A nosa comunidade ten demostrado nos últimos tempos que o emprendemento resulta un elemento impulsor do crecemento, a competitividade e a xeración de emprego e riqueza na nosa sociedade. É por isto que o Goberno galego ten dentro das súas prioridades estratéxicas o apoio ao tecido emprendedor, poñendo ao seu dispor diversos recursos que favorezan a todas as persoas que están pensando en poñer en marcha un novo negocio ou proxecto. Un dos elementos principais das políticas da Xunta a favor dos emprendedores é a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, creada en xullo de 2022 para ofrecer asesoramento individualizado, de xeito totalmente gratuíto, a todas as persoas emprendedoras, tanto a aquelas que están comezando o seu proxecto como as que pretenden consolidalo.
  • O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia en Galicia supera os 1.100 M€, o 75 % do importe ingresado
    O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) pola Xunta de Galicia acada os 1.102 millóns de euros, o 75 % do ingresado e o 85 % do importe publicado en convocatorias e licitacións, segundo o informe de execución do MRR en Galicia do terceiro trimestre de 2024 presentado hoxe no Consello da Xunta.A boa execución en Galicia tamén a confirman os datos do Ministerio de Economía, que din que a taxa de resolución de Galicia, sen as entidades locais, é a segunda máis alta en España, 76,3 % (18,7 puntos e 17,2 puntos máis que a media das comunidades autónomas e a AXE, respectivamente).
  • O Consello da luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2025
    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2025, 'os presupostos máis altos da historia de Galicia' que aumentan o investimento en infraestruturas e no reforzo da actividade empresarial preto dun 5 % (4,7 %), co obxectivo de impulsar o crecemento futuro de Galicia. O incremento é case o dobre do que medra o Orzamento galego para o vindeiro ano: 2,6%. Deste xeito, tal e como resaltou Rueda, 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma' e 'será unha das primeiras comunidades' en facelo coa previsión de que podan entrar en vigor' o 1 de xaneiro de 2025'.
  • O Idega pon o foco nun novo informe especial nos retos e as consecuencias da transición industrial en Galicia
    As intensas interrelacións existentes entre as inevitables transicións ecolóxica -en gran medida enerxética- e dixital determinan e condicionan o sector industrial galego. Así o considera o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (Idega), que decidiu centrar na transición industrial o informe especial deste ano, elaborado no marco de A Economía Galega. Informe. Para o persoal experto do instituto universitario, a transición na industria debe abordarse 'nos contextos do cambio climático, que en parte a motiva, das obrigas adquiridas de descarbonización e, tamén, da crecente conflitividade en distintos puntos do planeta, cun cambio da xeoestratexia global e das relacións de interdependencia a nivel internacional'.
  • A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos que mobilizan 14 millóns de euros para corrixir impactos paisaxísticos
    O Goberno galego concedeu no período 2021-2024 un total de 2.374 axudas, por importe de case 9,6 millóns de euros, dirixidas a concellos e particulares co obxectivo de corrixir impactos paisaxísticos na comunidade. Estas achegas (para mellorar o estado de inmobles particulares e de edificios, equipamentos e outras instalacións municipais), mobilizaron un investimento total de 14 millóns de euros. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destaca que a demanda deste tipo de axudas é crecente, o que permitiu que desde o ano 2021 chegaran a 283 dos 313 municipios galegos, o que supón máis do 90% do total.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información