Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • Galicia lidera a caída do paro no Estado e rexistra un aumento da contratación indefinida con respecto a decembro
    Galicia, pese aos efectos que a pandemia está a causar no mercado laboral, iniciou o ano cunha baixada do paro do 1,90% (-3.603 persoas) e cun aumento da contratación indefinida e a tempo completo con respecto a decembro de 2020. De feito, Galicia lidera a caída do paro no Estado na comparativa mensual e é unha das dúas comunidades, xunto con Baleares, nas que baixa o desemprego, mentres que en España medra (+1,96%). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, a cifra sitúase a un nivel superior ao reflectido hai dez anos (xaneiro 2011).
  • Entran en vigor os orzamentos do ano 2021, orientados á pandemia, á reactivación económica e ás familias, pemes e autónomos
    Estas contas públicas son as máis altas da historia da Xunta e acadan os 11.563 millóns de euros, aos que hai que engadir 101 millóns no capítulo VIII de instrumentos financeiros. Reforzan o gasto social que ascende a 8.540 millóns de euros, e inclúen a cifra récord de 2.592 millóns destinados a investimento produtivo. Ademais, non suben os impostos nin ás familias nin ás empresas e consolidan as rebaixas fiscais aprobadas nos últimos anos. Deste xeito, máis de 115.000 familias beneficiaranse de novo das rebaixas de impostos aprobadas pola Xunta desde 2016.
  • O IDEGA publica o seu informe anual sobre o estado da economía galega
    A intensidade da terceira vaga da COVID-19 e as demoras no proceso de vacinación, están provocando un novo axuste á baixa na maioría das previsións de crecemento para 2021. Esta é unha das principais reflexións que recolle ‘A Economía Galega. Informe 2019-2020’, documento elaborado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e que acaba de ver a luz coordinado polo profesor da USC Alberto Meixide. O PIB galego medrou un 1,8% en 2019, dúas décimas menos que no conxunto de España, pero cinco décimas máis que na Eurozona. Desde 2015 ata 2019 a taxa de crecemento do PIB, malia que positiva, vai sendo cada ano menor á do ano anterior e coa peculiaridade de que a taxa galega sempre (excepto en 2015) foi inferior á española.
  • O Parlamento galego aproba os orzamentos da Comunidade Autónoma para este ano 2021
    As contas públicas de Galicia para o ano 2021 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos que son os máis altos da historia da Xunta, esgotan o teito de gasto e acadan os 11.563 millóns de euros, aos que hai que engadir 101 millóns no capítulo VIII de instrumentos financeiros. Ademais, o gasto en xuros de débeda sitúase por debaixo dos 100 millóns de euros, o máis baixo desde hai 25 anos. Os Presupostos deste ano inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 8.540 millóns de euros, e o maior investimento produtivo que acada a cifra récord de 2.592 millóns.
  • Feijóo avanza o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 M€ e chegar a 70.000 familias
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias. Durante a sinatura, Feijóo aseverou que se dá así un paso adiante fundamental, consensuando as prioridades co sector e cos consumidores, dentro do Observatorio Galego de Vivenda. Estruturado en catro liñas estratéxicas e con preto de medio cento de accións que combinan medidas implantadas con 12 iniciativas novidosas, o titular da Xunta subliñou que para acadar todos os obxectivos prevese un investimento directo duns 433 millóns.
  • Galicia pecha o ano 2020 cunha subida anual do desemprego do 14,69%
    A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que por mor da Covid-19 o desemprego aumentou en todas as comunidades na evolución anual e que o incremento rexistrado en Galicia (14,69%) é máis de oito puntos inferior á media de subida do Estado (22,90%), o que sitúa á Comunidade como a cuarta na que menos ascendeu o desemprego respecto de decembro de 2019. Lado apuntou, ademais, que pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 2.042 parados menos que no inicio do impacto da covid-19.
  • Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico
    Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre do ano e sitúase no 19,0% ao peche do terceiro trimestre.
  • Galicia experimenta unha subida no desemprego do 13,17% respecto a novembro de 2019
    Galicia situouse como a terceira comunidade na que menos subiu o paro con respecto a novembro de 2019. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que o desemprego aumentou en todas as comunidades na evolución anual e que o incremento rexistrado en Galicia (13,17%) é máis de sete puntos inferior á media de subida do Estado (20,42%). Lado apuntou, ademais, que pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 4.157 parados menos que ao inicio do impacto da covid-19.
  • O PIB galego medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano
    O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este crecemento é dúas décimas superior á caída rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia. En canto á evolución interanual, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 6,2%. Esta baixada é 2,5 puntos inferior á rexistrada pola economía española para o mesmo período, que foi do -8,7%.
  • Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica
    Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir combatendo a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos. Así o recolle o proxecto de Lei de Orzamentos para 2021 que foi entregado hoxe no Parlamento polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, xunto ao proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información