Noticias
-
A aprobación da Conta xeral da Comunidade Autónoma ratifica que Galicia cumpriu no exercicio 2019 os obxectivos de déficit e débeda pública recollidos no seu orzamento, liquidando o exercicio cun déficit do 0,1% do PIB e cunha taxa de endebedamento do 17,5%. Deste xeito, Galicia sería a Administración autonómica que pagou en 2019 con máis axilidade aos seus provedores, cun período medio de pago de 19 días fronte aos 37,4 días da media das CCAA. Este balance financeiro reflicte tamén que o grao de execución do orzamento consolidado de gasto foi do 96,4%.
-
A Xunta de Galicia, empresarios e sindicatos referendaron hoxe un pacto, materializado nunha declaración institucional, para intensificar o diálogo social centrado na competitividade e nas políticas de emprego. “Hoxe vimos de reactivar se cabe con maior intensidade o marco do diálogo social, cun compromiso pola competitividade empresarial e polas políticas de emprego”, destacou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelando, nun momento de extraordinaria dificultade, á responsabilidade das organizacións sindicais, da organización empresarial e da Administración autonómica.
-
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou esta mañá a evolución do paro rexistrado no mes de agosto –que sobe lixeiramente como ocorre coa media estatal–, así como os datos de afiliacións á Seguridade Social que volven medrar por cuarto mes consecutivo (entre maio e agosto) e permiten recuperar o emprego perdido nos meses de marzo e abril. Así, se temos en conta as afiliacións medias, Galicia suma en agosto 7126 cotizantes máis (+0,71%) ata chegar a 1.012.794 afiliados, o que se traduce en 230 afiliacións ao día.
-
A Delegación do Goberno subliña o descenso dun 23% das persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto. Os sectores con máis recuperación de emprego son os de servizos de aloxamento e transporte. O delegado do Goberno, Javier Losada, explicou que entre o pasado 31 de xullo e esta última fin de semana, un 23% das persoas en suspensión temporal de emprego en Galicia finalizaron esta situación. Trátase dunha recuperación da actividade laboral en todos os sectores, agás na das axencias de viaxe, o único que medrou (1%).
-
En Galicia diminúe o desemprego en xullo nun 5,06% con respecto ao mes de xuño, o que supón 9343 persoas menos no paro (300 persoas ao día) e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato sitúa Galicia como a terceira Comunidade -en termos relativos- na que máis se reducen as cifras do paro, superando en preto de tres puntos a baixada a nivel nacional. O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 6,19% en Pontevedra, un 5,29% en Lugo, un 4,49% na Coruña e 2,96% en Ourense. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso os servizos (-5,90%), seguidos da construción (-5,49%), a industria (-4,82%) e a agricultura e a pesca (-3,60%). De feito, a baixada nos servizos concentra o 81% da redución do paro neste mes.
-
Galicia diminúe o paro en xuño un 3,36% con respecto ao mes de maio, o que supón 6428 desempregados menos e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato posiciona Galicia como a Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos, mentres que ascende lixeiramente -un 0,13%- no conxunto do Estado. O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 4,90% en Pontevedra, un 2,66% en Ourense, un 2,50% na Coruña e 1,50% en Lugo. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso a construción (-5,96%), seguida dos servizos (-3,91%), a industria (-3,68%) e a agricultura e a pesca (-0,33%).
-
A Comunidade Autónoma de Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano cun superávit contable de 25 millóns de euros, o que representa o 0,04% do PIB, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. No conxunto do subsector Comunidades Autónomas, o superávit ata abril situouse no 0,02% do PIB –a metade que en Galicia-, o que supón 231 millóns de euros. Ademais, este resultado supón mellorar os datos do primeiro cuadrimestre do exercicio anterior, no que Galicia pechara o primeiro cuadrimestre cun déficit de 102 millóns de euros, o que representa o 0,16% do PIB.
-
Galicia logra diminuír o paro en maio un 0,29% con respecto ao mes de abril, o que supón 547 desempregados menos e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato posiciona a Galicia como a quinta Comunidade cun mellor comportamento en termos absolutos e a sexta en relativos fronte ao incremento do desemprego a nivel nacional nun 0,69%. O paro tamén baixou nas provincias de Pontevedra e da Coruña e na cidade de Vigo. Os efectos da covid-19 seguen manténdose no sector servizos, o único no que medra o desemprego (+0,15%), que diminúe na construción (-4,65%), a agricultura e a pesca (-1,46%) e a industria (-0,50%).
-
O PIB de Galicia baixou no primeiro trimestre do ano un 3,6% en taxa interanual por mor do efecto negativo da covid-19 sobre a maioría dos compoñentes da oferta e da demanda, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este descenso é medio punto inferior ao rexistrado no conxunto de España (-4,1%), tal como xa avanzou o mes pasado o Instituto Nacional de Estadística (INE). En canto á taxa trimestral –é dicir, a evolución da economía en comparación co cuarto trimestre do ano 2019-, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 4,9%.
-
A Xunta de Galicia prolongará ata finais de 2020 a súa axuda extraordinaria aos beneficiarios do Bono de Alugueiro Social de tal xeito que non teñan que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que resta de ano. Esta medida, en virtude da cal o Goberno autonómico asume o 100% do custo do alugueiro, fíxose efectiva por primeira vez no mes de abril e volveu repetirse en maio. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se resolve a concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.