Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • A Xunta critica a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denuncia que Galicia tería que recibir 660 millóns máis
    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, criticou hoxe a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denunciou que Galicia tería que recibir 660 millóns de euros máis dos que leva percibidos. E neste sentido, pediu o apoio de todos os grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos vinculados ao Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia “se corrixa esta discriminación a Galicia”.
  • As exportacións galegas medran un 1,4% en febreiro, e ascende un 11,4% o número de empresas que exportan
    Galicia recupera en febreiro os resultados positivos das súas vendas no exterior que foi acadando nos últimos meses do pasado ano, ao tempo que se incrementa o número das empresas da Comunidade con presenza nos mercados internacionais. Como mostran os últimos datos dispoñibles, as exportacións de febreiro remontan a caída experimentada en xaneiro, cunha suba do 1,4% con respecto ao mesmo mes de 2020, e as empresas galegas que venden produtos fóra ascenden a 3509, o que indica un incremento do 11,4%.
  • Galicia activa un novo programa financeiro para achegar apoio ás empresas e contribuír á súa transformación
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a activación dun novo programa financeiro, que estará dotado con 30 M€, para achegar apoios financeiros e contribuír así á modernización e á reactivación das empresas dentro do contexto económico actual marcado pola covid-19. En concreto, a liña de transformación incidirá, dixo, no impulso de proxectos de internacionalización e reforzo da competitividade a través da dixitalización e innovación, da mellora de produtos e procesos, do desenvolvemento tecnolóxico, da profesionalización de equipos directivos e da reestruturación societaria.
  • Galicia rexistra un incremento no paro na evolución anual dun 3,58%, pero é a segunda comunidade con maior caída no mes de marzo
    Galicia pechou o mes de marzo cunha caída do paro do -2,43%, o que a sitúa como a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o desemprego con respecto ao mes de febreiro. De feito, o descenso rexistrado é maior á caída da media do Estado (-1,48%), con case un punto de diferencia. Esta redución supón, ademais, a maior da serie histórica (1996), tal e como destacou hoxe en Santiago de Compostela a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado. Os datos do paro no mes de marzo, segundo valorou Lado, reflicten que Galicia continúa a resistir os efectos da pandemia sobre o mercado laboral.
  • Segundo o Foro Económico de Galicia, o impacto da crise na economía galega foi significativamente menos intenso que no conxunto do estado
    O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves o I Informe de Conxuntura Socioeconómica do Ano 2021. Nel destácase que o impacto da crise na economía galega foi “significativamente menos intenso” que no conxunto do estado. “Galicia resiste mellor o envite da crise que o conxunto do estado. A estrutura económica e produtiva da nosa comunidade, cun peso menor do turismo e a hostalaría e maior do agroalimentario, contribuíron a iso”, indican desde a entidade.
  • Galicia sitúase por debaixo dos 3.000 casos activos por coronavirus
    A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.931 deles 1.106 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 199 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 532 da área de Vigo, 314 da de Santiago e 227 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 257 en unidades de hospitalización e 2.601 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 109.165 persoas curadas, rexistrándose 2.289 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.746.721. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 311.103.
  • Galicia é unha das tres únicas comunidades nas que descende o paro ao pechar febreiro cunha baixada do 0,41% con respecto a xaneiro
    A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro e destacou que Galicia continúa rexistrando menos persoas sen emprego que ao inicio da pandemia. Con respecto a abril, mes que marca o impacto inicial da crise sanitaria, hai 6.401 (-3,34%) desempregados menos. Galicia, ademais, pechou o mes de febreiro cunha baixada do paro do 0,41% con respecto a xaneiro do pasado ano, polo que a evolución positiva que viña rexistrando o mercado laboral galego nos meses de febreiro desde o ano 2014 continúa. O desemprego cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades, excepto en Lugo que crece un 0,47%, nos sectores da construción (-3,15%) e da agricultura e pesca (-2,80%) e en todos os tramos de idade.
  • A economía galega baixou no ano 2020 por mor da covid-19 un 8,9%
    A economía galega baixou no ano 2020 por mor da covid-19 un 8,9%, un descenso 2,1 puntos inferior ao avanzado polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para España (-11%). O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe os datos de contabilidade trimestral referentes ao cuarto trimestre. Esta taxa mellora as previsións realizadas polo Goberno galego o pasado mes de outubro cando actualizou o cadro macroeconómico correspondente ao ano 2020. Nese momento, as previsións realistas e prudentes da Xunta estimaban que o impacto na economía galega do coronavirus provocase unha caída do Produto Interior Bruto (PIB) do -9,7%.
  • O Foro Económico prevé que o PIB galego medre entre un 4,8% e un 8,8% en 2021
    O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), prevé que a economía galega medre entre un 4,8% e un 8,8% no 2021. Os escenarios prospectivos da entidade para este ano contemplan para Galicia dúas posibles evolucións dependendo fundamentalmente da evolución sanitaria da pandemia, da velocidade e eficacia do proceso de vacinación e, a partir de aí, da normalización da vida económica. “A evolución máis optimista suporía un crecemento do +8,8% do PIB e a pesimista un aumento do PIB ao redor do +4,8%.
  • As empresas poderán comunicar o cambio de ERTE sen necesidade de tramitar un novo expediente
    Publicada a orde que simplifica a comunicación, por parte dos empresarios da Comunidade, do cambio de modalidade nos seus Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) –de forza maior de impedimento ao de forza maior de limitacións da actividade e viceversa- e evitar que teñan que cursar unha nova solicitude. Deste modo, a Administración autonómica, como Autoridade Laboral competente na tramitación dos expedientes, facilita que os empresarios con traballadores en ERTE poidan adaptar os seus expedientes ás cambiantes medidas sanitarias aprobadas en cada momento polas autoridades.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información