Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • O desemprego en Galicia é o menor en 27 anos e por primeira vez se sitúa por debaixo das 139.000 persoas
    Galicia acadou no mes de maio a menor cifra de persoas desempregadas de toda a serie histórica (1996), desde hai 27 anos, e por primeira vez o dato se sitúa por debaixo das 139.000 persoas. A cifra menor ata o de agora reflectiuse o pasado mes, en abril de 2023, cando se contabilizaron 139.343 persoas sen emprego. O paro, con respecto a hai un ano e na comparativa con abril, caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, así como nos colectivos prioritarios como son, entre outros, os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.
  • Presentados os resultados do proxecto Smart Lean Platform 4.0 for people para a dixitalización da industria galega
    Este proxecto contempla o desenvolvemento dunha plataforma que integra ferramentas de lean manufacturing (dirixidas a reducir os tempos dentro do sistema de produción e de resposta a provedores e clientes) e tecnoloxías facilitadoras esenciais, como o internet das cousas, a intelixencia artificial e a realidade aumentadas, para axudarlles ás persoas na toma de decisións.
  • A Xunta avanza unha nova convocatoria das axudas á dixitalización industria 4.0 para impulsar a competitividade do tecido empresarial galego
    A Xunta de Galicai avanzou a próxima convocatoria dunha nova edición das axudas á Dixitalización Industria 4.0, un programa que permite impulsar a transformación da industria tradicional cara a modelos tecnolóxicos avanzados, favorecendo modelos de negocio diferenciais baseados na innovación e na tecnoloxía. Estas axudas levan mobilizados máis de 50 millóns de euros desde a súa posta en marcha, sumando máis de 1.000 solicitudes que traballan no coñecemento e a conciencia sobre as vantaxes e oportunidades que ofrece a dixitalización nos distintos ámbitos da industria galega.
  • A economía galega medrou un 1,1 % entre xaneiro e marzo, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde o ano 2018
    A economía galega medrou un 1,1 % entre xaneiro e marzo, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde o ano 2018, segundo se desprende da información publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En canto á evolución interanual, no primeiro trimestre de 2023 o PIB autonómico aumentou un 2,8 % en relación ao mesmo período do ano anterior. Desde o punto de vista da demanda, neste primeiro trimestre as exportacións de bens e servizos aumentaron un 4,7%, e a formación bruta de capital medrou un 3,3%. No que respecta á oferta, a industria medrou un 8,9 %; a construción un 4,0 % e os servizos un 1,8 %, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (6,0 %).
  • Rueda anuncia máis medidas de protección aos propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal
    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou máis medidas de protección por parte do Goberno galego para os propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal. O mandatario autonómico participou hoxe na sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Consello da Avogacía Galega para elaborar unha guía informativa sobre os dereitos e obrigas das persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas ocupadas ilegalmente.
  • A Xunta convocará en maio tres programas de axudas para impulsar a rehabilitación enerxética de vivendas e edificios residenciais
    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai convocar este mes de maio, por un orzamento global de máis de 43,1 millóns de euros, tres programas de axudas dirixidos a financiar distintos tipos de actuacións e documentos de carácter técnico “para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios residenciais”. O Consello analizou hoxe un informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre as convocatorias, por segundo ano consecutivo, destas tres liñas de subvencións, enmarcadas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia e financiadas con fondos europeos.
  • A nova ferramenta tecnolóxica, EMI, que sincronizará oferta e demanda de emprego en tempo real, porase en marcha este mes en tres oficinas piloto
    A nova ferramenta tecnolóxica, EMI (emprego intelixente), que sincronizará oferta e demanda en tempo real, porase en marcha este maio en tres oficinas piloto (Pontevedra, Ordes e Cambados). Probaranse, deste xeito, as primeiras funcionalidades deste sistema baseado na intelixencia artificial que permitirá ás empresas publicar as súas vacantes de forma múltiple e simultánea no Servizo de Emprego e, de xeito gratuíto, noutros portais de emprego e, así, chegar a un maior número de candidatos. O novo instrumento contará cun navegador competencial, para que os orientadores podan obter información sobre as competencias asociadas ás ocupacións; un emulador de ocupacións para buscar o emprego idóneo para cada demandante de emprego; e un recomendador de formación.
  • Galicia acada a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996
    Galicia acadou no mes de abril a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996, con 139.343 persoas, sendo a terceira vez, tamén desde 1996, que o número de desempregados cae por debaixo das 140.000 persoas: en xullo de 2007 situouse nas 139.998 persoas e en xullo de 2022 nas 139.850. No referido ás cifras do desemprego, apuntou que descenderon con respecto a hai un ano e na comparativa con marzo nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos.
  • Galicia pechou o 2022 cunha execución do orzamento consolidado do 99 %
    Galicia pechou o 2022 cunha execución do orzamento consolidado do 99 %; un déficit orzamentario de 293 millóns de euros, o que representa o 0,4 % do PIB e dúas décimas menos do inicialmente previsto; e cunha ratio débeda/PIB do 17,2 %, o que supón tres décimas por debaixo do previsto. Outra das magnitudes que permiten analizar a xestión orzamentaria e a sustentabilidade das finanzas públicas é o aforro bruto, medido como a capacidade da financiar gastos de capital con ingresos correntes. Este indicador mostra que as finanzas galegas reservan en torno ao 5 % dos seus ingresos correntes (470 millóns de euros) para financiar operacións de capital que contribúen á mellora económica de Galicia no medio prazo.
  • O Observatorio da Vivenda de Galicia advirte do risco de que a futura lei estatal bloquee a promoción de novas vivendas protexidas
    O Observatorio da Vivenda de Galicia, órgano de carácter consultivo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, advertiu de que a aprobación da Lei polo dereito á vivenda nos seus termos actuais podería provocar un bloqueo na construción de novas vivendas protexidas por parte dos promotores privados. Os membros do Observatorio coincidiron en manifestar a súa preocupación polos posibles impactos negativos que podería ter esta lei sobre o mercado da vivenda en xeral e, concretamente, no do alugueiro, causando distorsións e efectos mesmo contrarios aos que se perseguen.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información