Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • Volven os programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor para impulsar a consolidación de empresas e negocios
    Foron presentadas novas edicións dos programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor cos que a Xunta busca, entre outros, impulsar a consolidación de empresas e negocios. A primeira das iniciativas desenvólvese en colaboración coa Fundación Ronsel desde o ano 2020 para reducir os riscos na actividade profesional das persoas traballadoras autónomas, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.
  • Galicia prepara o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei estatal de vivenda coa petición dun informe ao Consello Consultivo
    A Xunta está a traballar na posible presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei estatal de vivenda mediante a recompilación de distintos argumentos como un informe preceptivo solicitado ao Consello Consultivo de Galicia. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vazquez, explicou hoxe que a Comunidade recorrerá aos tribunais se o Goberno central non dá resposta nesta semana ás propostas de modificación da normativa que lle remitiu nos últimos días o Observatorio da Vivenda de Galicia.
  • Galicia inicia 2024 coa cifra de paro máis baixa nun xaneiro desde hai 28 anos e é a segunda comunidade na que máis descende na evolución anual
    Galicia comeza 2024 con 131.101 persoas en paro: a cifra máis baixa nun xaneiro desde que hai rexistros, é dicir, desde hai 28 anos (1996). A baixada reflectida na evolución anual (-9,62%) sitúa a Galicia como a segunda comunidade autónoma na que máis caeu o paro. Galicia conta con 13.947 persoas menos en situación de desemprego que en xaneiro de 2023. A caída reflectida tivo lugar nas catro provincias, nas sete cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a industria (-14,23%), seguido da construción (-12,22%). Por colectivos prioritarios, a cifra de menores de 30 anos e de mulleres é a máis baixa nun xaneiro desde que hai rexistros, desde 2005. En canto ás afiliacións, Galicia gañou no último ano 19.793 cotizacións á Seguridade Social e segue a superar o millón (1.050.530) cun nivel superior ao reflectido hai 15 anos.
  • Galicia recibirá 25,2 M€ no novo reparto territorial de fondos europeos para as axudas de vivenda
    Galicia recibirá inicialmente unha asignación de 25,2 millóns de euros no novo reparto territorial dos fondos europeos destinados a financiar diferentes liñas de axudas en materia de vivenda que se convocarán este ano. Tras asistir esta mañá á Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo que se celebrou en Madrid, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou que a Xunta está de acordo coa distribución entre as comunidades acordada hoxe pero emprazou ao Goberno central a facer “un esforzo” e incrementar os fondos destinados a este eido.
  • Aberto o prazo para solicitar as axudas ao alugueiro, cun orzamento de 20 M€
    A Xunta de Galicia, abre hoxe, luns, 15 de xaneiro, o prazo para presentar as solicitudes para as axudas para o pago do alugueiro, tal e como recolle a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia a pasada semana. A convocatoria, que está dotada cun total de 20 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, establece que as axudas que poden acadar o 60 por cento do importe do alugueiro no caso de que as persoas beneficiarias pertenzan a un dos seguintes colectivos: menores de 36 anos, familias numerosas e monoparentais, emigrantes retornados a Galicia recentemente e cunha estadía mínima de 2 anos fóra de España, e persoas inscritas desde hai máis dun ano no Rexistro único de demandantes de vivenda protexida.
  • A economía galega segue medrando malia acusar unha ralentización na taxa de crecemento do PIB
    O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica IV/2023. Nel destacan que nun contexto de contracción económica na UE o crecemento da economía galega tamén amosa unha ralentización. Porén, engaden os seus autores, “as taxas de variación interanuais seguen a ser superiores ás dos principais socios comerciais galegos, agás Portugal”. Segundo o documento, o PIB galego medra un 1%, oito décimas inferior á media española, e en termos intertrimestrais a economía galega contráese un 0,3%, porcentaxe superior á estimada na zona euro e que contrasta coa suba do 0,3% en España.
  • Galicia aproba os seus orzamentos para 2024
    Galicia convértese na primeira comunidade autónoma en aprobar os seus orzamentos para 2024 logo de que o Parlamento galego dera hoxe o visto e prace definitivo ás contas do vindeiro ano. Estes orzamentos son os máis altos da historia da Comunidade e ascenden a 13.257 millóns de euros para Investir en estabilidade, nas persoas e no futuro. Así, os recursos orzamentarios de 2024 garanten o crecemento estable; consolidan todas as rebaixas de impostos en vigor e inclúen novos incentivos fiscais; reforzan o gasto social e os investimentos e todo iso sen recorrer ao endebedamento por primeira vez en 16 anos.
  • Galicia reduciu a súa débeda ata o 16,1 % do PIB no terceiro trimestre e sitúase 6,2 puntos por debaixo da media de comunidades
    Galicia reduciu a súa ratio débeda/PIB ata o 16,1 % no terceiro trimestre do ano, segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes a este período publicado hoxe polo Banco de España. Galicia foi ao peche do terceiro trimestre de 2023 a quinta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB. Esta ratio é tamén seis décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior, cando foi do 16,7 %. Ademais, a Comunidade galega ten un diferencial coa media autonómica 6,2 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades que se situou ao peche do terceiro trimestre en 22,3 %.
  • O Observatorio da Vivenda alerta de que a nova Lei estatal permitiría declarar como tensionados entre un 20 e un 30% dos concellos galegos
    Un informe presentado ante o Observatorio da vivenda de Galicia, órgano de carácter consultivo no que están representados promotores e axentes inmobiliarios, arquitectos e administracións locais, entre outros colectivos do sector, conclúe que en aplicación dos diferentes indicadores que propón a Lei estatal polo dereito á vivenda, a Comunidade podería chegar a ter entre un 20 e un 30% de concellos tensionados. Antes de presidir a reunión do pleno do organismo, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou que o punto principal a tratar sería o referido estudo, no que se analizan os prezos dos alugueiros ou o IPC, ademais doutros datos, co fin de clarificar a incidencia que podería ter a declaración de zonas tensionadas no conxunto de Galicia.
  • Exceso de burocracia e falta de financiamento lastran o crecemento empresarial galego
    Os principais factores que limitan o crecemento do tecido empresarial galego son o exceso de burocracia e a falta de financiamento, unido á escaseza de persoal cualificado e ás dificultades para acceder a axudas e subvencións. Así o explicaron este xoves os catedráticos e investigadores do grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, Santiago Lago e Patricio Sánchez, na presentación do informe Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada, elaborado por encargo do Consello Económico e Social de Galicia.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información