Noticias
-
Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
-
A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas desta medida para o mercado de alugueiro de vivendas. O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, participou esta tarde na mesa de debate Declaración de zonas tensionadas no marco do V Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias. Heriberto García lembrou que a lei estatal trae máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional.
-
Convocadas axudas para rehabilitar inmobles do Programa de mobilización de vivendas para o alugueiroA Xunta de Galicia convoca axudas por un importe máximo de ata 8.000 euros para contribuír a financiar obras de rehabilitación de inmobles incluídos no Programa de mobilización de vivendas para o alugueiro, tal e como se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia. Os propietarios ou usufrutuarios das vivendas nas que se vaia actuar terán de prazo para presentar as súas solicitudes desde o 5 de abril, e ata o vindeiro 4 de novembro —se non se esgota antes o orzamento—. Cunha dotación global de 196.000 euros, a convocatoria deste ano do chamado Programa Rehaluga permitirá conceder subvencións por importes que se moverán entre un máximo de 3.000, de 5.000 ou de 8.000 euros en función do prezo do alugueiro e do concello no que estea localizada a vivenda en cuestión.
-
O número de persoas sen emprego volveu caer en Galicia por debaixo das 130.000 ao peche do pasado marzo segundo os datos de paro rexistrado coñecidos hoxe. A comunidade pechou marzo con 129.011 galegas e galegos desempregados. A baixada do paro en Galicia en marzo, tanto respecto de febreiro deste ano (-1,20%), como fronte a marzo de 2023 (-9,05%). Galicia foi, de feito, a 4ª comunidade con maior descenso anual en porcentaxe e persoas (-12.836 parados). Ademais, a cifra de menores de 30 anos e de mulleres en desemprego é a máis baixa nun marzo desde que hai rexistros. Na evolución anual, o paro rexistrado en marzo mantivo a tendencia á baixa en todos os sectores. Liderou o descenso a industria (-11,99%) seguida da construción (-11,09%).
-
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica 1/2024. O documento foi elaborado polos economistas Patricio Sánchez e Santiago Lago, ambos da Universidade de Vigo; e José Francisco Armesto e Fernando González Laxe, coordinador este último do traballo. Nel destacan que 'en liña co conxunto dos países da nosa contorna, a ralentización do ritmo de crecemento caracteriza a evolución da economía galega. Porén, acredita taxas de variación interanuais superiores ás dos principais socios comerciais galegos, agás Portugal'.
-
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a prórroga de Presupostos Xerais do Estado (PXE) vai facer que Galicia 'reciba de novo o peor orzamento do Estado dos últimos anos'. Unha situación que fai que a comunidade galega seguirá recibindo a metade do investimento territorializado que Cataluña. Rueda lamentou que o Goberno central 'renuncie' a intentar sacar adiante os orzamentos de 2024, logo da convocatoria de eleccións en Cataluña, e advirte que isto 'ten consecuencias e ningunha beneficiosa para as comunidades'. Ademais, asegurou que amosa as diferencia entre o Goberno autonómico galego que aposta por 'ter os orzamentos aprobados para logo convocar eleccións' e o estatal, onde apostan pola 'ausencia de presupostos'.
-
A Xunta estima que, en principio, o 18 % dos concellos galegos poderían pedir a declaración de zona tensionada en base á lei estatal de vivenda e aos índices de referencia do Goberno central, tal e como explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante a súa participación no encontro informativo Declaración de zonas de mercado tensionado e os seus efectos. A responsable autonómica reiterou ante representantes dos concellos, de colexios profesionais e de distintas entidades relacionadas co sector da vivenda que a Xunta non vai declarar de oficio zonas de mercado residencial tensionado, pero tramitará as solicitudes que os concellos presenten.
-
Comeza o procedemento de elaboración e aprobación do plan director, no que, como primeiro fito, se levará a cabo unha consulta pública a través do portal de transparencia e goberno aberto para solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas. Ademais, na elaboración do plan participarán as consellerías con competencias nesta materia, así como o sector privado, representantes dos traballadores e resto de axentes implicados, como é o caso do Clúster TIC Galicia.
-
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, valorou hoxe os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social en Ourense, onde indicou que a cifra de desemprego acadada en Galicia en febreiro -130.583- é a máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996), é dicir, desde hai 28 anos. O paro caeu na evolución anual (-9,38%) e na mensual (-0,40%), superando nas dúas variables os descensos acadados na media do Estado, ao tempo que creceron as afiliacións nas comparativas anual e mensual. Con respecto a febreiro de 2023, Galicia é a 4ª comunidade autónoma na que máis baixou o paro, en termos absolutos e relativos.
-
A economía galega medrou no ano 2023 un 1,8%, segundo se desprende do informe de contabilidade trimestral referente ao cuarto trimestre do ano pasado, publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Deste xeito, cúmprese a revisión á alza das previsións macroeconómicas feita polo Goberno galego o pasado mes de outubro, proba do realismo e a prudencia nas estimacións dos orzamentos autonómicos. Ademais, Galicia encadea xa tres anos de crecemento logo da pandemia. O informe mostra tamén que no 4º trimestre do ano, o PIB aumentou un 1,8% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior e que en canto á evolución intertrimestral, a taxa do PIB autonómico situouse no 0,8%.