Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • Activada unha nova liña de financiamento dirixida a inxectar liquidez inmediata a pemes e autónomos polo COVID-19
    A Xunta activa, mediante a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a nova liña de financiamento destinada a inxectar liquidez a pemes e autónomos para que poidan facer fronte ás consecuencias provocadas pola situación de emerxencia sanitaria na súa actividade empresarial. A partir de mañá, as empresas e o colectivo autónomo galegos poderán solicitar os apoios que ofrece para atender as necesidades máis inmediatas, como o pago de salarios, facturas, alugueiros ou impostos. Cunha dotación de 30 millóns de euros, a nova liña permitirá a mobilización de 250 millóns de euros en préstamos entre o tecido empresarial galego, que contribuirán a paliar os efectos do coronavirus no tecido empresarial galego.
  • Galicia logrou reducir en 2019 o volume de débeda por primeira vez desde 1988 e baixou a ratio sobre PIB por 3º ano consecutivo
    Galicia reduciu no ano 2019 a súa ratio de débeda/PIB por terceiro ano consecutivo e incluso logrou baixar o seu volume de débeda por primeira vez en máis de 30 anos, xa que é a primera baixada que se rexistra desde o ano 1988, segundo mostran os datos oficiais publicados polo Banco de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia mellorou seis décimas no último ano, ao pasar do 18,1% ao 17,5%, o que supón o nivel de endebedamento máis baixo desde o ano 2013. O volume de débeda da Comunidade Autónoma tamén se reduciu no último ano, ao pasar de 11.342 a 11.315 millóns de euros, un 0,24% menos. Galicia conseguiu acadar estas dúas baixadas –na ratio débeda/PIB e no volume de débeda– pese ao impago de máis de 200 millóns de euros do IVE de 2017 non aboado polo Goberno central o pasado ano.
  • A Xunta suspende os prazos para a presentación de tres impostos autonómicos e activa un plan para mellorar a liquidez da tesourería da Comunidade con 1.800 M€ adicionais
    O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou a suspensión dos prazos para a presentación das autoliquidacións dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de sucesións e doazóns e os tributos do xogo. Feijóo explicou que todas as autoliquidacións destes impostos poderán ser presentadas ata o 30 de xuño de 2020 ou ata un mes despois da finalización do estado de alarma. Do mesmo xeito, subliñou que esta decisión beneficiará a 32.000 persoas ou empresas cada mes, o que suporá unha perda de recadación por parte da Xunta de 35 M€ ao mes mentres estea vixente esta suspensión de prazos.
  • A economía galega repuntou no 4º trimestre ao medrar un 1,8% e creou 14.900 postos de traballo asalariados a tempo completo
    A economía galega repuntou no 4º trimestre do ano ao rexistrar un crecemento interanual do 1,8%, unha décima máis que o trimestre anterior, ao tempo que creou 14.903 postos de traballo a tempo completo asalariados, segundo os datos de contabilidade trimestral publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No último trimestre do ano, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,8% en taxa interanual, unha décima máis que no trimestre anterior. En canto á evolución sobre o terceiro trimestre, os datos do IGE mostran que a economía galega rexistrou un avance do 0,5% en taxa trimestral, tamén unha décima máis que no trimestre anterior.
  • Galicia pecha 2019 cumprindo os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento
    Galicia volveu cumprir en 2019 os obxectivos de déficit e débeda fixados no orzamento e pagou aos provedores na metade de tempo que a media autonómica. Segundo o informe presentado pola Consellería de Facenda, sobre o avance do peche do exercicio 2019, Galicia de novo cumpriu o obxectivo de déficit previsto, que era do 0,1% e quedou no entorno do 0,09%, executando o orzamento aprobado polo Parlamento de Galicia, que incluíu como ingresos os preto de 200 millóns de euros da mensualidade do IVE do ano 2017. No que atinxe ao endebedamento, a comunidade volveu cumprir en 2019 o seu tope máximo autorizado e baixou a débeda.
  • Galicia perde preto de 2.500 empregos en xaneiro, pero se sitúa como a segunda comunidade na que máis baixa o paro no último ano
    Galicia comeza 2020 con 7045 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -4,03% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de xaneiro. Estes datos sitúan Galicia como a segunda Comunidade que rexistra unha maior baixada de desemprego, superando a media española (-0,97%) en máis de tres puntos. O paro tamén baixou nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades (agás A Coruña), así como en todos os sectores económicos e nos colectivos prioritarios para a Xunta: menores de 30 anos, parados de longa duración e mulleres.
  • En marcha o novo bono de alugueiro social, que este ano incorpora dous novos colectivos de beneficiarios
    As axudas do Bono de Alugueiro Social, que xestiona e concede o IGVS, poderán solicitarse ata o próximo 11 de decembro co fin de facilitar o acceso á vivenda en réxime de aluguer a aqueles colectivos que presentan maiores dificultades económicas. A convocatoria deste ano, que como principal novidade amplía o abano de posibles beneficiarios aos mozos que estiveran tutelados pola Xunta, unha vez saian do réxime de tutela, e a persoas privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais, contará inicialmente cun orzamento dun millón de euros.
  • O Tribunal Supremo dá a razón á Xunta de Galicia e anula a sentencia sobre as vivendas de uso turístico
    O Tribunal Supremo dá a razón ao Goberno galego e anula a sentenza emitida o pasado mes de outubro, na que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos. O Executivo autonómico presentou en novembro un incidente de nulidade logo de entender que se vulnerou o seu dereito á tutela xudicial efectiva, dado que a sentenza pretendía anular un artigo do decreto 12/2017 que xa estaba contido previamente na lei 7/2011. Agora o Alto Tribunal atende as reclamacións formuladas desde Galicia e anula o fallo emitido. Ao mesmo tempo, desestima as alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado.
  • O programa Galicia Emprega impulsará a formación e contratación de máis de 1100 mulleres, parados de longa duración, mozos e persoas discapacitadas
    Ábrese mañá o prazo de solicitude para as catro liñas do programa Galicia Emprega, cuxo obxectivo é favorecer a formación e a contratación de máis de 1100 mulleres, parados de longa duración, mozos e mozas, e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión, para impulsar, deste xeito, o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. Galicia Emprega conta cun orzamento global de 10,5 millóns de euros para fomentar o traballo na Comunidade. Trátase de favorecer os contratos asociados á posibilidade de mellorar a formación. Inclúe catro liñas de axudas -Emprega Muller, Emprega Persoas con Discapacidade ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude-.
  • Galicia incrementa as afiliacións por sexto ano consecutivo e pecha 2019 por riba do millón de cotizantes á seguridade social
    O paro baixou no último ano en 3987 persoas, é dicir, un 2,36% menos que en decembro de 2018, o que sitúa á Comunidade como a quinta na que máis descende o desemprego, mellorando a media estatal, que foi de -1,21%. No que respecta ás afiliacións, medran por sexto ano consecutivo (2014-2019) e, ao igual que en 2018, péchase o exercicio por riba do millón de afiliados. A Comunidade Autónoma sitúase a niveis de paro inferiores aos de antes de 2008, sumando xa sete anos de baixadas consecutivas, desde decembro de 2013. Neste tempo a cifra de paro descendeu en máis de 113.000 desempregados, é dicir, 2 de cada 5 parados abandonaron as listas do paro neste período.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información