Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro en toda a serie histórica
    O mercado laboral de Galicia continúa na súa senda de crecemento e acada, con 120.992 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996). Ademais, a comunidade galega rexistra 1.085.846 persoas afiliadas, a cifra máis alta nun mes de setembro desde o ano 2008 e que aumenta en 14734 persoas en relación co mesmo mes do ano pasado. Na evolución anual tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.
  • Un total de 41 centros de FP integrarán este curso a Rede Galega de Dinamización da Relación con Empresas
    A Rede Galega de Dinamización da Relación con Empresas ten como obxectivo promover un achegamento entre a Formación Profesional e as empresas, atendendo ás necesidades de persoal dos diferentes sectores produtivos e favorecendo a mellora da competitividade e o desenvolvemento do tecido produtivo. Esta rede actúa como un punto de unión entre o empresariado e os centros de FP, establecendo unha canle de comunicación directa entre administracións, centros educativos e empresas. Neste curso, 41 centros de FP integrarán esta rede. A maior parte deles (18) son da provincia de A Coruña, mentres que hai 11 en Pontevedra, oito en Ourense e catro en Lugo.
  • Rueda subliña o papel estratéxico do sector vitivinícola na economía de Galicia
    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o papel fundamental que xoga o sector vitivinícola na economía galega, tendo un carácter estratéxico ao xerar emprego, sobre todo no rural, fixando poboación con xente nova e promovendo o selo Galicia Calidade. Así o manifestou durante unha visita á bodega As Laxas, no concello pontevedrés de Arbo, no que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e na cal enxalzou a traxectoria desta "empresa familiar" como exemplo de emprendemento rural que, ao longo de catro xeracións, conseguiu combinar tradición e innovación, acadando "moito nome xa en toda Galicia".
  • Galicia mantén a evolución positiva do mercado laboral co mellor xullo da serie histórica e sendo a segunda comunidade con mellores datos na comparativa interanual
    O mercado laboral galego continúa cunha evolución favorable e acada, con 118.045 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de xullo desde que hai rexistros (1996). Ademais, Galicia é a segunda comunidade autónoma en baixada de paro na evolución anual (-7,38%), superando a baixada do Estado (-4,77%) en 2,61 puntos e tamén é a segunda comunidade que máis sube en afiliacións no último mes. Ademais, o paro caeu na evolución anual nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e en colectivos prioritarios nas políticas de emprego.
  • Unha investigación do IDEGA revela que máis da metade das empresarias e directivas galegas sofre estrés laboral
    Un estudo desenvolvido pola investigadora do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC Susana Martínez Rodríguez e o profesor da Universidade de Granada Manuel Ruiz Adame revela que máis da metade das mulleres empresarias e directivas galegas sofren estrés laboral, constatándose unha alta prevalencia da síndrome de burnout ou traballadoras queimadas e outros trastornos do ánimo. O traballo parte unha enquisa realizada a 199 mulleres en postos de liderado, para obter datos sobre o estado de ánimo de empresarias e directivas en Galicia e a influencia deste no seu desempeño profesional.
  • Galicia aproba un teito de gasto para 2025 de 13.954 M€, o máis alto da historia da comunidade
    O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno autonómico garante un ano máis de estabilidade coa aprobación hoxe, no Consello do límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma para o exercicio 2025, que ascende a 13.954 millóns de euros, o máis alto da historia de Galicia e 'un 2,5% máis que no actual exercicio'. 'É un teito de gasto ambiocioso, pero razoable', indicou. Deste xeito, tal e como salientou o presidente, Galicia avanza un ano máis no camiño cara aprobar os orzamentos 'en tempo e forma'. 'Xa fomos a primeira comunidade en aprobalos o ano pasado', indicou tras lembrar que isto é un sinal da 'seriedade e estabilidade' que ofrece o Goberno autonómico.
  • Galicia presenta ao Goberno central a ferramenta EMI co fin de estendela a outras autonomías e casar oferta e demanda laboral con intelixencia artificial
    A ferramenta EMi ten como fin cubrir a demanda de man de obra, así como atender as persoas que están buscando activamente traballo -ou busquen mellorar o seu emprego actual. Nesta liña sinalou que permitirá realizar nun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas. Entre as vantaxes que ofrece, está o feito de que relaciona todas as características e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións. Tamén detecta carencias competenciais en cada localidade, o que facilita a programación de accións formativas adaptadas ás necesidades de cada unha.
  • Máis de 54.000 persoas presentan solicitudes para cursar FP o próximo curso, con especial demanda nos másteres e na modalidade dual intensiva
    Un total de 54.151 persoas veñen de presentar solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional en Galicia o vindeiro curso, o que representa un incremento do 5,24% (2.697 solicitudes máis) con respecto ao curso 2023-24. Estas cifras supoñen acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia , con 2.697 solicitudes máis. Os datos recabados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, logo da primeira adxudicación de prazas que dá dereito a matrícula, constatan unha suba xeneralizada en todas as modalidades, tanto ciclos ordinarios como FP Dual Intensiva, FP Básica, FP a distancia ou másteres e especializacións.
  • Galicia reclama ao Goberno central criterios consensuados coas comunidades autónomas para a distribución dos fondos de formación para o emprego
    A Xunta reclama unha maior claridade e transparencia en relación coas fórmulas de distribución dos fondos de formación para as políticas activas de emprego de cara a 2025, financiadas con recursos do Estado, así como unha menor inxerencia do Goberno na aplicación de ditos fondos. Así o reiterou esta tarde o conselleiro do Emprego, Comercio e Emigración, José González, no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais do Ministerio de Traballo e Economía Social, na que participou por videoconferencia.
  • Novas axudas para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios
    A Xunta convocou tres liñas de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas, en edificios de vivendas e para a elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación por un orzamento global de 34.140.439 euros. Ata o vindeiro 13 de setembro, salvo esgotamento do crédito dispoñible, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a estas subvencións, que se financian con fondos europeos do programa Next Generation UE e foron convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo por primeira vez no 2022.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información