Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • A xornada 'Contornos e Contornas' abordará a mellora do benestar e aprendizaxe nas escolas a través da arquitectura
    A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 24 de novembro a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura’, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procurarán crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre as melloras a aplicar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas.
  • O presidente da Xunta renova o Goberno galego
    O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e nomea novas conselleiras e conselleiros. A renovación da Xunta prodúcese despois de que dous conselleiros —Beatriz Mato e José Manuel Rey— decidisen deixar o Goberno para concorrer como candidatos ás próximas eleccións municipais e supón un novo impulso para abordar os retos aos que se enfronta Galicia ás portas dunha nova década. A remodelación reforza os ámbitos cultural e turístico, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021.
  • Os premios galegos de arquitectura distinguen ao Campus da Auga de Ourense, a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa en Santiago
    Os proxectos do Campus da Auga (Ourense) a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago, veñen de ser distinguidos na categoría de Arquitectura. Nesta convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estes tres proxectos comparten galardón neste mesmo apartado. Nesta mesma categoría de Arquitectura, o xurado concedeu ademais mencións aos proxectos dunha vivenda unifamiliar en Cee e dun apartamento en Noia. Na categoría de Rehabilitación o premio foi para a recuperación da curtiduría de Pontepedriña de Arriba, en Santiago, na que se instalou o Centro de Formación en rehabilitación.
  • Galicia pechou o primeiro semestre sendo a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas
    Galicia pechou o primeiro semestre do ano sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, ao acadar un período medio de pago de 11 días, fronte aos 33 días de media autonómica, segundo os datos oficiais referentes ao mes de xuño publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do semestre, o período medio de pago de Galicia baixou ata os 10,9 días, é dicir, dous días mellor que no mes de maio e case 20 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal. Pola contra, a media autonómica situouse en 33,4 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 22 días antes que o conxunto das comunidades.
  • Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o desemprego no último ano e volve superar o millón de afiliados
    Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixa o desemprego no último ano e volve superar o millón de afiliacións por terceiro mes consecutivo. Así o destacou hoxe a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, que asegurou que estes datos confirman que a estabilidade en Galicia permite que o paro -con 164.424 persoas sen emprego- se sitúe en niveis inferiores aos de hai 9 anos. Na evolución anual, o desemprego baixou nun 9,22% polo que Galicia conta con 16.701 desempregados menos que en agosto de 2017. O ritmo de descenso supera en máis de tres puntos ao do conxunto do Estado, onde baixou nun 5,92%.
  • Unha intervención artística converte as Torres Hejduk nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida
    As Torres Hejduk convértense ata o 25 de novembro nun arquivo sonoro para rescatar a arquitectura galega desaparecida ou transformada, lonxe dos grandes relatos arquitectónicos presentes na contorna. Isto é posible grazas á intervención AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) de Francisco Ramallo (Granada, 1974), inaugurada como clausura do Encontro de Artistas Novos 2018. Esta residencia artística, xa consolidada na programación da Cidade da Cultura, reuniu durante cinco días a 40 creadores emerxentes, procedentes de toda España. Precisamente, o AAMA -proxecto entre o metafórico e o documental de Francisco Ramallo- foi a iniciativa gañadora do Encontro de Artistas Novos 2017 da V Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk.
  • Galicia acadou no 2º trimestre un crecemento anual do 2,8%, máis que a media española, e creou 17.900 empregos a tempo completo
    A economía galega acadou no segundo trimestre do ano un crecemento anual do 2,8%, máis que a media española, e creou case 18.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo en comparación co mesmo período de 2017, segundo as contas económicas trimestrais do Instituto Galego de Estatística (IGE). En termos interanuais o PIB galego avanzou no segundo trimestre un 2,8%, unha décima superior ao crecemento da economía española, que foi do 2,7%, segundo os datos avanzados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
  • Máis de 12,3 millóns de euros en axudas para a mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e accesibilidade das vivendas
    A Xunta destinará máis de 12,3 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, da conservación e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivendas 2018- 2021, cuxa convocatoria publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Estas axudas están dirixidas aos propietarios das vivendas a rehabilitar, as comunidades e agrupacións de propietarios, cooperativas, empresas construtoras ou arrendatarias ou concesionarias de edificios de vivendas. Tamén poderán beneficiarse das subvencións os arrendatarios da vivenda que realicen a rehabilitación de acordo co propietario.
  • Un total de 1545 familias galegas aforrarán 1M€ ao ano na súa factura enerxética grazas ás axudas da Xunta para a instalación de proxectos renovables
    Os proxectos que se van desenvolver recibirán 4,66 millóns de euros en axudas que permitirán a mobilización de 11,3 millóns no sector. A instalación destas tecnoloxías posibilitará aforros anuais de 2,45 millóns de litros de gasóleo ao ano e a redución de emisións de 7.300 toneladas de CO2, equivalente á acción de 365.000 árbores. Vanse desenvolver 951 proxectos de biomasa, 512 de aerotermia e enerxía solar e 82 de xeotermia. Estes apoios súmanse ás axudas concedidas en materia de eficiencia enerxética e renovables a empresas, entidades sen ánimo de lucro e á administración local a través das que se impulsarán 434 proxectos que permitirán un aforro na factura enerxética dos beneficiarios de 5,5 millóns de euros ao ano.
  • O programa Resolve favorecerá o financiamento de 100 pemes galegas a través da concesión de préstamos
    A Xunta ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para impulsar o acceso ao circulante das pemes e os autónomos galegos a través do lanzamento dunha nova convocatoria do programa Resolve, co obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e contribuír ao mantemento do emprego mellorando a situación financeira de arredor de 100 pequenas e medianas empresas. Esta iniciativa favorecerá o funcionamento diario das pequenas e medianas empresas facilitando a concesión de préstamos a partir de 3000 euros.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información