Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • O PIB de Galicia medrou un 2,3% no primeiro trimestre do ano e creou 18.000 empregos asalariados a tempo completo
    O Produto Interior Bruto de Galicia medrou un 2,3% no primeiro trimestre do ano 2019, o que supuxo a creación de máis de 17.900 postos de traballo asalariados a tempo completo respecto ao mesmo trimestre de 2018, segundo mostran os datos das Contas Económicas Trimestrais publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística. Os datos mostran que, co primeiro trimestre do ano, son 22 os trimestres consecutivos nos que a economía galega encadea taxas positivas de crecemento. Tanto a taxa de crecemento interanual (2,3%) como a taxa trimestral (0,4%) son tres décimas inferiores ás rexistradas no trimestre anterior.
  • O Ministerio de Facenda confirma que Galicia cumpriu en 2018 as regras fiscais de déficit, débeda e gasto
    O Ministerio de Facenda vén de confirmar que Galicia é unha das comunidades autónomas que cumpriu no ano 2018 todas as regras de estabilidade orzamentaria, xa que cumpriu o obxectivo de déficit, o límite de débeda pública e a regra de gasto do exercicio. Isto supón que a Comunidade Autónoma evita ter que presentar un plan económico-financeiro (PEF), que si terán que realizar as administracións que incumpren algún dos tres obxectivos. Tal como establece o informe que vén de publicar o Ministerio de Facenda, Galicia cumpriu no exercicio 2018 o obxectivo de déficit público, que estaba fixado no 0,4% para todas as administracións autonómicas, xa que Galicia pechou o exercicio con superávit contable por primeira vez nos últimos 16 anos.
  • Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro e volve a superar a barreira do millón de afiliacións á Seguridade Social
    A contratación tamén continúa en aumento, mentres que no Estado baixa, e, ademais, o paro baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta. O desemprego descende, así, entre os menores de 30 anos (-9,52%), nas mulleres (-7,73%) e nos parados de longa duración (-14,48%), o que supón que 3 de cada 4 persoas que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo. O paro tamén caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-19%) e a industria (-9,12%), ambos por riba da media xeral de Galicia (-8,81%), seguidos da agricultura e a pesca (-8,17% e os servizos (-7,31%). En canto ás provincias, lidera a caída do paro Lugo (-10,85%), seguida da Coruña (-9,44%), Pontevedra (-8,65%) e Ourense (-5,34%).
  • A Lei de reforzo de actuacións prioritarias permitirá que Galicia utilice o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns, para reforzar o gasto en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos
    O Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos. Trátase dunha ferramenta alternativa, legal e que se pode aprobar sen necesidade de autorización do Goberno central, que servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns de euros. Autorízase así un suplemento de crédito para adiantar actuacións prioritarias nos servizos públicos e reforzar a atención primaria no Sergas, empregando o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais para este ano.
  • O Plan Galicia Emprende incrementa nun 28% as axudas a pemes e autónomos para impulsar un total de 200 novos proxectos empresariais
    A nova edición do Galicia Emprende contará cunha achega de 9 millóns de euros, un 28% máis que na pasada edición, para apoiar 200 proxectos de autónomos e emprendedores, que mobilizarán investimentos por valor de 24 millóns de euros e cunha previsión de creación ou mantemento de 700 postos de traballo. Este plan ten como obxectivo favorecer a creación de novas empresas e consolidar proxectos que leven menos de 42 meses funcionando. Ademáis inclúe unha serie de ferramentas para as empresas, como son a plataforma StartIN Galicia, que ofrece un apoio integral a todos os proxectos que nadas das incubadoras, os préstamos directos da liña de Instrumentos Financeiros Innovadores e os préstamos participativos ou capital risco.
  • Galicia é a terceira comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual e cun mellor comportamento que o Estado
    Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro do -7,70% fronte ao -4,89% de España. En Galicia, polo tanto, hai 14.262 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, case 5 anos e medio de xeito consecutivo. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 1,65% (-2.868 persoas).
  • O Sergas crea unha unidade de diagnóstico e asesoramento das patoloxías derivadas da exposición ao asbesto
    Ferrol contará antes do verán cunha unidade de diagnóstico e asesoramento das patoloxías derivadas da exposición ao asbesto de referencia para todos os pacientes que teñen cobertura do Sergas. Case a práctica totalidade dos casos destas patoloxías concéntrase na área sanitaria ferrolá. Nesta nova unidade vaise contratar un neumólogo, un profesional de enfermería e un auxiliar de enfermería, ademais dun auxiliar administrativo. Os obxectivos estratéxicos que persegue esta unidade son a ampliación da carteira de servizos, conseguir unha óptima coordinación asistencial con atención primaria, garantir a seguridade das intervencións ou fomentar a investigación clínica de alto nivel.
  • Galicia medrou en 2018 un 2,8%, tres décimas por riba do estado e creou 19.000 empregos a xornada completa
    Segundo as primeiras estimacións do Instituto Galego de Estatística sobre a evolución da economía galega no ano 2018, o dato de crecemento da Comunidade en 2018 foi do 2,8%, que está por riba da do Estado e da media da Eurozona, e que supuxo a creación de 19.000 empregos a tempo completo. Deste xeito, superáronse as previsións establecidas no Plan estratéxico para período 2015-2020 do 2,5% e cumpríronse as estimacións macroeconómicas do Goberno galego. O consumo, cun incremento do 2,2% con respecto ao ano anterior, a formación bruta de capital, cun 7% e as exportacións que avanzaron un 3,4%, son os principais responsables deste resultado.
  • Cinco programas de incentivos aportarán máis de 11 M€ para a contratación e formación axustada á demanda das empresas
    Entre os programas que se porán en marcha este ano, destacan os centrados en incentivar a contratación, cinco iniciativas que inclúen, todas elas, ademais das axudas á contratación, apoios á cualificación a través dun bono formación de 2000 euros, que se pode incrementar ata os 4000 euros no caso de que a contratación que a empresa leve a cabo sexa indefinida. Os cinco programas de apoio á contratación e formación, nos que se investirán preto de 11 millóns de euros, van dirixidos aos cinco colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, e que son prioritarios en materia laboral: autónomos, parados de longa duración, menores de 30 anos, mulleres e persoas con capacidades diferentes.
  • Feijóo salienta que Galicia cumpriu en 2018 os tres obxectivos de estabilidade e avanza que pedirá ao Goberno central autorización para reinvestir o superávit
    Logo de avaliar no Consello da Xunta o informe da Consellería de Facenda sobre o avance do peche do exercicio de 2018, o presidente da Xunta confirmou hoxe que Galicia cumpriu o pasado ano os tres obxectivos de estabilidade orzamentaria e avanzou que pedirá ao Goberno central autorización para reinvestir o superávit, tal como xa habilitou en 2018 o Goberno de Rajoy. Se ben as cifras deberán ser confirmadas polo Ministerio de Facenda nos vindeiros meses, Feijóo subliñou, en primeiro lugar, que o documento non só constata que a Administración autonómica cumpriu en 2018 o límite de déficit público, que era do 0,4%, senón que pechou o exercicio con superávit contable: duns 125 millóns de euros.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información