Skip to main content
Construcción Galicia | Construción Galicia logo
  • Directorio de empresas
  • Anuncios
  • Alta de empresa
Inicio

Noticias

  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 3 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • user warning: Table 'web68db1.vocabulary' doesn't exist query: SELECT v.*, n.type FROM web68db1.vocabulary v LEFT JOIN vocabulary_node_types n ON v.vid = n.vid WHERE v.vid = 2 in /home/www/web64/web/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1056.
  • Case 40 millóns de euros en 2019 para manter o impulso ás políticas de rehabilitación e de acceso á vivenda social
    As políticas de vivenda recibirán un forte pulo no ano 2019, grazas ao orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que xestionará case 40 millóns de euros, cos que manterá o impulso ás políticas de rehabilitación e de acceso á vivenda. A aposta pola rehabilitación concrétase nunha partida de preto de 36 millóns, o que supón un incremento dun 9% máis que no ano anterior; que permitirá o desenvolvemento de actuacións ao abeiro de programas como o Rexurbe, que terá 7,3 millóns; as áreas de rehabilitación integral (ARI), ás que se destinan 6,5 millóns de euros; ou o programa de rehabilitación de vivendas de mestres, con 1,6 millóns.
  • Galicia pon en marcha a primeira Estratexia galega de economía social que impulsará 25 medidas ata 2021
    A primeira Estratexia galega de economía social contará cun orzamento global de 73 millóns de euros e impulsará un total de 25 medidas ata 2021, co obxectivo de xerar 3.000 empregos e crear 300 novas entidades neste eido. Trátase dunha iniciativa consensuada co sector para crear novas oportunidades de negocio en empresas que están enfocadas ás persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. Está dirixida, principalmente, ás cooperativas, ás sociedades laborais, aos centros especiais de emprego e ás empresas de inserción laboral.
  • Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual cunha caída do 8,98% no último ano
    A nosa Comunidade conta con 16.806 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 8,98%, superando en case un punto o descenso acadado en novembro de 2017. Galicia, deste xeito, posiciónase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual superando, ademais, o ritmo de baixada da media estatal en máis de dous puntos e medio de diferencia. En España a caída no número de persoas sen emprego sitúase no -6,37%. Son xa cinco anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, e os niveis de desemprego son inferiores ao dato de 2008, o ano de inicio da crise.
  • A UNESCO incorpora a pedra seca galega á lista do patrimonio inmaterial da humanidade
    A pedra seca galega vén de ser incluída na lista representativa do patrimonio inmaterial da UNESCO como parte dunha candidatura conxunta de oito países europeos liderada por Grecia e Chipre e na que participa, entre outros, o Estado español. Así o decidiron hoxe os representantes deste organismo no marco da décimo terceira reunión anual do Comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial celebrada en Port-Louis (República de Mauricio), na que por parte da Xunta de Galicia participou a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua. A participación galega na candidatura internacional da pedra seca (ou pedra en seco) é compartida con outras sete comunidades autónomas.
  • Galicia acadou no 3º trimestre un crecemento anual do 2,6%, máis que a media española, e creou 16.000 empregos a tempo completo
    A economía galega acadou no terceiro trimestre do ano un crecemento anual do 2,6%, por riba do acadado pola media española, e creou máis de 16.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo en comparación co mesmo período de 2017, segundo as contas económicas trimestrais do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos do IGE publicados hoxe constatan que a economía galega mantén un ritmo de crecemento por riba do establecido no Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que prevé un incremento medio do 2,5%.
  • As vendas ao exterior na automoción, maquinaria e forestal permiten que as exportacións medren en Galicia máis do dobre que o conxunto de España
    As vendas ao exterior nos nove primeiros meses do ano medraron un 7,65% con respecto ao mesmo período do ano anterior, e superaron os 17.100 millóns de euros. Neste sentido destaca o incremento no volume de vendas ao exterior en sectores como a automoción, a maquinaria, o forestal, o agroalimentario ou o téxtil. Ademais, o crecemento é máis do dobre do incremento que rexistra o conxunto de España, que é do 3,2%. Esta tendencia positiva das exportacións permite a Galicia ter un importante peso no conxunto do Estado, xa que as vendas ao exterior galegas suman un 8,1% do total das vendas ao exterior nacionais.
  • A Cidade da Cultura afondou en 'Contornos e contornas' na mellora do benestar e aprendizaxe nas escolas a través da arquitectura
    A Cidade da Cultura de Galicia celebrou hoxe a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procuraron crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre accións e medidas a executar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas. Nesta primeira edición, o obxecto de análise son os recintos educativos, coa intención de acadar un clima de reflexión conxunta entre profesionais da arquitectura e as ciencias sociais.
  • Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que paga con máis axilidade as súas facturas
    Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de setembro un período medio de pago de 14 días, fronte aos 39 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do terceiro trimestre, o período medio de pago de Galicia situouse 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.
  • Galicia é a primeira comunidade que tramita os orzamentos para 2019
    Os orzamentos para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns de euros, cun incremento de gasto de 363 millóns respecto a este ano. Estas contas permitirán reforzar o gasto social, aumentar os investimentos, impulsar a creación de emprego e aprobar novas baixadas de impostos. A previsión de evolución do PIB galego para 2019 é do 2,5%, de xeito que Galicia seguirá medrando máis que a economía española. En termos de emprego, a previsión é seguir rebaixando a taxa de paro, ata situala o vindeiro ano no 12,7%.
  • Galicia pecha outubro coa maior subida nas afiliacións desde 2007 e cunha caída do paro superior á do Estado en máis de 2,57 puntos
    Galicia conta con 16.159 parados menos, o que supón unha baixada do 8,69% e o que sitúa á Comunidade en niveis de desemprego de hai unha década. A caída do paro supera en máis de dous puntos e medio a baixada rexistrada en España (-6,12%) e en máis de dous puntos o descenso acadado na Comunidade galega en outubro de 2017. Ademais, xa son 5 anos de baixadas consecutivas do paro na evolución anual, desde novembro de 2013. As afiliacións á Seguridade Social continúan superando a barreira do millón (1.013.198 afiliacións) por quinto mes consecutivo (desde xuño).
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Buscar Empresa

An invalid vocabulary is selected. Please change it in the options.

Anuncios


Galicia Digital
| Internet Galicia | Contacto | Política de cookies | Aviso Legal | Mapa del sitio

Inmobiliaria Barreras - Coches de alquiler - Motor en Galicia  - Asesoría Tepima

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información