Noticias
-
Entran en vigor as novas rebaixas de impostos incluídas nos Orzamentos Xerais de Galicia para o 2020, que entran hoxe en vigor. As contas deste ano inclúen novas rebaixas no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP), no Imposto sobre Sucesións e unha novidosa ‘dedución verde’ no IRPF. Desde hoxe, en Galicia aplícase unha rebaixa no imposto pola compra dunha vivenda usada en 3.459 parroquias que teñen a cualificación de zonas pouco poboadas (ZPP) e que representan o 94% do territorio galego. En todas elas, redúcese o ITP do 7% ao 5% no caso de compra de vivenda habitual, e do 10 ao 6% para o resto de compras de vivenda, co obxectivo de fixar poboación no rural.
-
O endebedamento da Comunidade Autónoma de Galicia ao peche do terceiro trimestre situouse no 17,8% do PIB, segundo os datos do Banco de España, que volve ratificar que Galicia é unha das comunidades autónomas –a quinta– con menor endebedamento, 6,3 puntos menos que a media estatal. Trátase da primeira vez, desde 2013, que esta ratio baixa do 18%. Galicia conseguiu reducir no período analizado en seis décimas o seu endebedamento sobre o terceiro trimestre de 2018, que era do 18,4%. En canto á comparativa sobre o segundo trimestre de 2019, a evolución é igualmente significativa, cunha diminución de cinco décimas, ao pasar a ratio do 18,3% ao 17,8% sinalado.
-
Galicia pechou novembro de 2019 con 4710 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -2,76% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en novembro de 2008 había 180.820 parados fronte aos 165.659 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en algo máis dun punto á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de novembro, que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos.
-
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,7% en taxa interanual no terceiro trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 8.118 novos empregos a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico mostran que, co dato do terceiro trimestre, o PIB galego acumula seis anos (25 trimestres consecutivos) con taxas positivas. O crecemento trimestral –sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, o mesmo que o anterior, polo que a economía galega acumula 27 trimestres consecutivos con taxas positivas.
-
Galicia segue reducindo o paro a nivel anual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo con respecto a outubro de 2018. De feito, posiciónase como a sexta Comunidade na que máis se reduce o paro en termos absolutos. A cifra de desempregados (164.307) sitúa Galicia a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Na evolución anual, o paro baixa en 5437 persoas, é dicir, nun -3,20%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de outubro. A Comunidade reduce o desemprego, ademais, a maior ritmo que o conxunto do Estado, onde diminúe nun -2,37%.
-
Foi presentado no Parlamento o límite de gasto non financeiro para o ano 2020, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 10.160 millóns de teito de gasto, cun aumento de 311 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 3,1%. Deste importe, 10.112 millóns de euros se corresponden con ingresos non financeiros, 68 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 20 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional. É primeira vez que a Xunta presenta un teito de gasto que supera a barreira dos 10.000 millóns de euros.
-
Galicia sitúase como referente internacional no ámbito do equipamento de edificios de uso colectivo, con máis de 9000 proxectos realizados en 800 cidades de todo o mundo que levan a firma do contract galego. Forman parte do sector máis dun cento de empresas galegas que desenvolven a súa actividade en máis de cen países, facturando algunhas delas o 95% da súa produción fóra da Comunidade. Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos.
-
Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así, rexistrou no mes de agosto unha baixada do paro do -6,45% fronte ao -3,65% de España, é dicir, preto de tres puntos mellor. En Galicia, polo tanto, hai 10.604 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década e próximos aos de antes do inicio da crise. Con respecto á evolución anual das afiliacións, con 1.036.900 de cotizantes, a Comunidade leva seis meses consecutivos por riba do millón e suma, no último ano, un total de 16.513 afiliados (+1,62%), o que supón unha media de 45 ao día.
-
En base a este documento, trátase de facilitar a execución práctica das normas de aplicación directa e as determinacións relativas ás licencias directas, é dicir, aquelas que outorga o concello sen necesidade de contar coa autorización previa do departamento competente en materia de patrimonio cultural. O propósito desta regulación é compaxinar a protección do patrimonio cultural e impulsar e axilizar as actuacións en materia de rehabilitación e rexeneración urbana a todas aquelas entidades ou particulares que desexen levar a cabo unha actuación. Trátase de coordinar as actuacións das diferentes administracións e clarificar a interpretación sobre determinadas cuestións, para outorgar maior seguridade xurídica ao proceso de rehabilitación.
-
Galicia lidera en España a caída do paro na evolución anual e o incremento das afiliacións á Seguridade Social na evolución mensual en España. O paro continúa baixando en Galicia e as afiliacións crecendo na evolución anual e mensual. A Comunidade galega pechou o mes de xullo con 150.921 parados, a mellor cifra desde xullo de 2008, estando moi próxima á reflectida ao inicio da crise económica. Na evolución anual, o desemprego cae nun -7,64% (-12.491 persoas), baixando xa seis anos de xeito consecutivo, o que sitúa ao paro en Galicia en niveis inferiores aos de hai máis dunha década. Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro en termos relativos e a cuarta en termos absolutos.